O alcalde de Barreiros reclámalle ao deputado do BNG, Manuel Parga, que “xa que o IGVS tamén depende do BNG se interese pola entrega das vivendas sociais, porque agora as obras xa levan rematadas un tempo e están aí sen entregar, a pesares de que xa se publicou a lista definitiva de adxudicatarios”. Alfonso Fuente pídelle a Parga que non “se adxudiquen vostedes a construción destas vivendas porque é moi dado agora adxudicarse obras que xa se iniciaron co anterior goberno galego e tiveron que pasar catro anos para que rematase esta construción e resulta que non se fixo ningunha vivenda nova en Barreiros. Son 21 as pendentes de adxudicación”.O rexedor de Barreiros considera que “si tanto lle preocupa a Manuel Parga o noso municipio que axilice a entrega destas vivendas ás familias que están pendentes delas e que as necesitan realmente”.
O alcalde de Barreiros reclama ao BNG que entregue as vivendas sociais
O alcalde de Barreiros reclama ao BNG que entregue as vivendas sociais
Relacionado
-
O Presidente supervisa en Xermade obras nas que a Deputación investiu máis de 1,5M€
-
O Sindicato Labrego Galego anima a participar na manifestación contra a macrocelulosa de Altri-Greenalia
-
O BNG logra que o PP se comprometa cun plan de recuperación das rías e a cobertura económica e social para o marisqueo