Lourenzá. 22, abril, 2019. O PP de Lourenzá ven de presentar a lista completa encabezada por Francisco Javier Rodríguez Barrera co que concorrerá ás vindeiras eleccións municipais do 26 de maio.
Antonio Rego Rey figura no número 2 da lista seguido de Eduardo Reigosa Braña e Emma Álvarez Chao nos postos 3 e 4. As seguintes persoas na lista son Sandra Gómez Maradona, Magdalena Prado Rodríguez, José Martínez Ferreira, María José Sante Garcí, María Guadalupe Flórez Seivane, Roberto Díaz Expósito e Pablo Maseda Fernández. Darío Rodríguez Bermúdez, Josefa Rodríguez Lorenzo e Alejandro Fernández Reigosa completan a candidatura como suplentes da lista.
O alcaldable popular sinala que se trata “de xente moi válida, formal, preparada e comprometida que se une co obxectivo de traballar por mellorar Lourenzá”. É máis, Rodríguez Barrera defende que “o noso proxecto está pensado para os vindeiros catro anos, non improvisado nos últimos meses” e “este equipo será o que volva a poñer a Lourenzá no lugar que se merece sacándoa do desastre no que a meteu o PSOE por mor das súas guerras internas dentro do propio equipo de Goberno onde se deron dúas dimisións e tres renuncias”.
Rodríguez Barrera recorda que “o Partido Popular fixo todo o que hoxe temos en Lourenzá porque gobernou sempre dende que hai democracia, agás nos últimos catro anos”. Así, indica que “este equipo, ao que lle agradezo o apoio, vai facer deste un concello máis moderno, profesional e cercano aos nosos veciños e veciñas” e avanza que “trataremos de traer para Lourenzá todos cantos investimentos sexan posibles”.
O candidato popular á alcaldía aposta pola implantación de novas instalacións deportivas para o fomento do deporte entre os máis novos e novas e, nese sentido, comprométese “a dotar ao municipio dun campo de herba artificial no primeiro ano de mandato”. Tamén sinalou Rodríguez Barrera o seu apoio aos maiores e dependentes; ademais da necesidade de “mellorar o aspecto xeral do pobo facéndoo un lugar agradable para vivir” e “poñer en valor o noso patrimonio”. Pero tamén nomea o popular “a potenciación da nosa faba e a defensa dos seus produtores” ou “o apoio aos gandeiros” entre algunhas das súas iniciativas para desenvolver dende o Goberno local se os laurentinos e laurentinas “nos dan a súa confianza”.
Candidatura
1. Francisco Javier Rodríguez Barrera
2. Antonio Rego Rey
3. Eduardo José Reigosa Braña
4. María Emma Álvarez Chao
5. Sandra Gómez Maradona
6. Magdalena Prado Rodríguez
7. José Martínez Ferreira
8. María José Sante García
9. María Guadalupe Flórez Seivane
10. Roberto Díaz Expósito
11. Pablo Maseda Fernández
Suplentes:
Darío Rodríguez Bermúdez
Josefa Rodríguez Lorenzo
Alejandro Fernández Reigosa




















A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada, entre 12 e 19 horas, realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.



