Lugo, 29 de abril de 2019.- O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, denunciou este luns que “o PP ataca unha vez máis á sanidade pública da provincia. A Xunta de Galicia recorta persoal das ambulancias medicalizadas de Foz e Monforte de Lemos”. Santos Ramos advertiu que no novo concurso público de servizos de transporte sanitario urxente da Xunta de Galicia, que está en fase de licitación, o persoal das ambulancias de toda a Comunidade Autónoma estará composto por 2 técnicos de emerxencias, un médico e un enfermeiro como ata agora excepto nas ambulancias de Foz, Monforte de Lemos e O Salnés, onde o PP suprime un destes técnicos nos pregos.
Santos Ramos explicou que “Foz era unha das 10 ambulancias medicalizadas e será a única que vexa recortado o seu persoal, mentres que Monforte de Lemos contará cun novo servizo infradotado. Trátase dun desprezo máis do PP aos veciños da provincia de Lugo”.
Este servizo atende patoloxías tempodependetes, é dicir, onde a vida dos doentes corre perigo, e con este novo recorte da Xunta de Galicia non se pode asegurar a calidade das persoas. Por exemplo, en caso dunha parada cardíaca, dun accidente de tráfico ou dun afogado son necesarios os 4 profesionais para mobilizar ao usuario, colocalo na cadeira ou realizar as técnicas necesarias nese momento.
O Secretario Provincial censura que esta decisión do PP na Xunta de Galicia trátase dun novo agravio comparativo, empeorando drasticamente a calidade asistencial destes dous Concellos e por conseguinte da Mariña e do Sur da provincia.




















A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.



