Lugo, 30 de abril de 2019. O Goberno da Deputación presentou no pleno, unha modificación do Catálogo de Estradas da Deputación co obxectivo de aplicar a redución da liña límite de edificación nas fincas limítrofes das estradas da rede provincial. A proposta foi aprobada por unanimidade polo Pleno.
O Vicepresidente e Responsable de Vías e Obras, Argelio Fernández Queipo, puxo en valor que “esta proposta permite que moitas construcións que ata este momento quedaban fora da ordenación municipal, a pesar de contar con licenza, agora poidan incluírse dentro dos plans. Isto supón un beneficio para numerosas edificacións xa existentes, para obras novas así como para reformas ou peches de fincas. Esta é unha iniciativa pioneira pois, ata o momento, ningún concello nin entidade provincial puxera en marcha esta modificación”.
Para poder aplicar dita redución foi necesario actualizar o Catálogo de Estradas da Deputación, aprobado no Pleno de novembro de 2017, e categorizar todas as estradas provinciais como Rede Local coa fin de adaptarse á nova redacción da Lei de Estradas de Galicia que permite pasar dos 15 metros desde o borde da calzada a 7 metros desde a liña exterior que delimita a calzada, sempre e cando estea fora da zona de servidume e a distancia desde o eixo central da estrada sexa superior aos 10 metros.
“Tendo en conta que o ancho desexable para o carrís de circulación é de 3 metros, unha medida que desde o Goberno Provincial sempre temos en conta cando acometemos obras de mellora nas estradas provinciais, esta redución será efectiva na maioría das vías do catálogo, e coa previsión de que futuras ampliacións da calzada fixesen efectivos os 7 metros” explicou o Vicepresidente.





















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



