XOVE .- Debido a que a pasada semana houbo que adiar a tirada polo temporal, e para non desviarnos do calendario, este fin de semana tivemos dúas tiradas, o sábado 6 no Centro Social de Morás e o domingo 7 no Centro Social de O Cruceiro. Tempo moi frío durante todo o fin de semana, o que non impediu unha participación normal de tiradores, sempre por riba de 30.
Liga Senior.- Nesta categoría temos que falar dun nome propio, todo un clásico nas nosas tiradas como é Carlos Javier Rodríguez, quen foi capaz de gañar tanto en Morás como en O Cruceiro, o que lle supón ocupar a cuarta posición con 86 puntos, a un só punto do terceiro que é César Cancelo. Dos 86 puntos de C. Javier, só 14 foron obtidos na primeira volta, polo que, se houbese sido un pouco máis regular nesa primeira volta, estaríamos falando dun serio aspirante ao trunfo final; pero bueno, con este ritmo e o estado de forma no que está, o podium final tórnase moi factible. Dende logo, César Cancelos que non se despiste. Quinto, con posibilidades inda de subir ao podium temos a Moisés Rodríguez, irmán de Carlos Javier, quen a duras penas resiste o empuxe dos anteriores.
No liderato as cousas non varían moito, dado que nestas dúas tiradas as puntuacións do líder Ginés Rodríguez e do segundo José Rafael González foron moi similares. Por certo, a bolera de O Cruceiro non se lle dá nada ben ao líder, e o seu noveno posto atestíguao, pero inda así, Rafa non foi capaz de aproveitar esta oportunidade; a falla de 2 tiradas, Ginés Rodríguez ten moito avanzado para proclamarse campión, dado que 10 puntos son moitos para só dúas tiradas, inda que nos bolos, nunca se sabe. Sinceiramente cremos que este é o seu ano; está xogando con regularidade, moi inteligentemente, con cabeza, non cegándose nas tiradas e sempre sumando.
Liga Sub 18.- Nesta categoría xa hai moitas cousas decididas, e a primeira é que Jose Vigo é o virtual gañador desta edición da Liga Sub 18, dado que a falla de 2 tiradas, sácalle unha renda de 13 puntos a Cristian Rodríguez; matemáticamente Cristian podería pasalo, pero tería que gañar as dúas tiradas que quedan máis a bolada, e Jose Vigo non puntuar, cousa harto difícil. Cristian tamén ten prácticamente asegurado o subcampeinato, porque os 10 puntos de ventaxe antóxasennos moi difíciles de superar. Para o terceiro posto np dodium final, vai haber unha loita pechada entre Óscar Pérez e Andrés Rodríguez, ambos con 49 puntos.
Liga Feminina.- Aquí xa temos un nome propio, e non é outro que CARMEN ROCA, que este domingo en O Cruceiro proclamouse primeira CAMPIONA DA Iª LIGA FEMININA CONCELLO DE XOVE. Cremos que é campeona con todo merecimento, dado que leva catro victorias seguidas e 10 en todo o campionato. Do seu nivel de xogo, decir que foi capaz de meterse entre os 10 primeiros na tirada da Liga Senior de O Cruceiro. Subcampiona, e única rival que lle plantou cara a Carmen, foi Dolores Meitín, quen tamén ten asegurado o seu posto matemáticamente. Para terceira posición final que dá pé a un posto no podium, temos tres xogadoras con posibilidades claras, que son Salomé Bermúdez con 29 puntos, Marta Álvarez con 27 e Concepción Piñeiro con 24.
A vindeira tirada (a XVIIª) terá lugar o vindeiro sábado 13 de marzo no Centro Social de Vilachá, e remataremos a Liga o sábado 13 de marzo no Centro Social de Sumoas coa entrega final de Premios e Trofeos.
| CAMPEONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE MORÁS (6 MARZO 2010)
36 INSCRITOS: 24 NA LIGA SENIOR, 5 NA LIGA SUB 18 E 7 NA LIGA FEMININA |
|||
| CLASIFICACION | NOME | TANTOS | PUNTOS |
| LIGA SENIOR | |||
| PRIMEIRO | CARLOS JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA | 151 | 12 |
| SEGUNDO | LUIS RANCAÑO BOUSO | 150 | 10 |
| TERCEIRO | GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ | 145 | 8 |
| CUARTO | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 136 | 7 |
| QUINTO | CÉSAR CANCELOS LÓPEZ | 130 | 6 |
| SEXTO | MARCELINO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ | 115 | 5 |
| SÉTIMO | JORDI MEITÍN SERANTES | 110 | 4 |
| OITAVO | MODESTO ALBO VIDAL | 107 | 3 |
| NOVENO | FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ | 105 | 2 |
| DÉCIMO | MOISÉS RODRIGUEZ CASABELLA | 97 | 1 |
| MELLOR BOLADA | CARLOS JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA | 63 | 1 |
| LIGA SUB 18 | |||
| PRMEIRO | CRISTIAN RODRÍGUEZ BAÑO | 93 | 6 |
| SEGUNDO | ALEX MEITÍN SERANTES | 86 | 4 |
| TERCEIRO | ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS | 83 | 3 |
| CUARTO | ÓSCAR PÉREZ MEITÍN | 61 | 2 |
| QUINTO | JOSE VIGO LAGE | 59 | 1 |
| MELLOR BOLADA | CRISTIAN RODRÍGUEZ BAÑO | 53 | 1 |
| LIGA FEMININA | |||
| PRMEIRO | CARMEN ROCA C ORRAL | 76 | 6 |
| SEGUNDO | MARTA ÁLVAREZ FERNÁNDEZ | 58 | 4 |
| TERCEIRO | SALOMÉ BERMÚDEZ BEN | 36 | 3 |
| CUARTO | CARMEN MARTÍNEZ GARCÍA | 21 | 2 |
| QUINTO | DOLORES BAÑO FRAGA | 15 | 1 |
| CAMPEONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE O CRUCEIRO (7 MARZO 2010) 31 INSCRITOS: 19 NA LIGA SENIOR, 5 NA LIGA SUB 18 E 7 NA LIGA FEMININA | |||
| CLASIFICACION | NOME | TANTOS | PUNTOS |
| LIGA SENIOR | |||
| PRIMEIRO | CARLOS JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA | 172 | 12 |
| SEGUNDO | CÉSAR CANCELOS LÓPEZ | 162 | 10 |
| TERCEIRO | FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ | 146 | 8 |
| CUARTO | MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA | 129 | 7 |
| QUINTO | JAIME ÁLVAREZ FERNÁNDEZ | 111 | 6 |
| SEXTO | MARCELINO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ | 109 | 5 |
| SÉTIMO | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 103 | 4 |
| OITAVO | AUGUSTO ALBO OCAMPO | 101 | 3 |
| NOVENO | GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ | 99 | 2 |
| DÉCIMO | CARMEN ROCA CORRAL | 96 | 1 |
| MELLOR BOLADA | JAIME ÁLVAREZ FERNÁNDEZ | 65 | 1 |
| LIGA SUB 18 | |||
| PRMEIRO | ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS | 117 | 6 |
| SEGUNDO | JOSE VIGO LAGE | 99 | 4 |
| TERCEIRO | ÓSCAR PÉREZ MEITÍN | 95 | 3 |
| CUARTO | ALEX MEITÍN SERANTES | 66 | 2 |
| QUINTO | CRISTIAN RODRÍGUEZ BAÑO | 23 | 1 |
| MELLOR BOLADA | JOSE VIGO LAGE | 53 | 1 |
| LIGA FEMININA | |||
| PRMEIRO | CARMEN ROCA CORRAL | 96 | 6 |
| SEGUNDO | MARTA ÁLVAREZ FERNÁNDEZ | 86 | 4 |
| TERCEIRO | LEONOR CASABELLA RODRÍGUEZ | 48 | 3 |
| CUARTO | SALOMÉ BERMÚDEZ BEN | 48 | 2 |
| QUINTO | DOLORES BAÑO FRAGA | 46 | 1 |



















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Son 15 os postos instalados nos que os asistentes poderán atopar complementos de moda e téxtis, marroquinaría, xoiaría, teas, sombreirería, bixutaría, xoguetes ou esmaltes. Esta feira está percorrer diversas localidades e cidades galegas para dar a coñecer o traballo dos artesáns galegos. Polo recinto pasaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz.
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna hoxe ao monolito da Cadeir a, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show mañá, ou unha ruta turística o domingo. Ademais, haberá sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.



