Viveiro, 4 de maio de 2019. A exposición Bujados: bosquexos, poemas e documentos inaugurouse este sábado na Biblioteca Municipal de Viveiro, e inclúe unha colección de apuntamentos, bosquexos e debuxos orixinais do artista Manuel Bujados. A exposición estará aberta ata o 2 de xuño en horario de luns a venres de 16:30 a 20:30 horas e o sábado de 11:30 a 13:30 horas. A mostra está organizada pola Deputación de Lugo, a Rede Museística Provincial e o Concello de Viveiro.
Bujados: bosquexos, poemas e documentos fundaméntase no legado que María Luísa Blasco Bujados, sobriña do artista, entregou ao Museo Provincial de Lugo no 2016. Trátase dunha colección inédita e de gran importancia para profundar no coñecemento da obra de Bujados, no seu proceso creativo e na súa dedicación profesional á ilustración. A colección recibiu un tratamento de conservación por parte do persoal técnico especializado do Museo Provincial de Lugo.
Este legado, xunto coa colección de Bujados que estaba exposta na sala 24 do Museo Provincial, converte ao museo na institución con maior número de obras orixinais e nun lugar de referencia para estudar, analizar e desfrutar da obra de Manuel Bujados.
Manuel Bujados
O pintor e debuxante nado en Viveiro no 1889, comezou a súa actividade artística publicando poesía, contos e novelas curtas. Participou na exposición de artistas galegos organizada polo Centro Galego de Madrid; no Salón de Humoristas e na exposición rexional de artistas galegos celebrada na Coruña, estas foron as primeiras exposicións que levaron a obra do artista dentro e fóra do país. Manuel Bujados foi o principal representante do modernismo sensual.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



