- O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo unha xuntanza con Diego Campo, presidente da asociación cultural Fanto Fantini, que organiza o festival Osa do Mar, para avanzar nas vías de colaboración de cara á próxima edición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
- Do 23 de marzo ao 5 de abril, o Concello de Navia realizará obras
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
- O Reyco Burela FS visitou este martes a sede do seu patrocinador principal, Reyco, nun encontro no que participaron varias das novas incorporacións do club
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
- O cantante e compositor asturiano Pipo Prendes actuará o venres 28 de marzo ás 20:30 h no Auditorio da Casa da Cultura de Tapia de Casariego
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
- O PP reivindica o papel das mulleres do mar nun encontro en Cervo para visibilizar o seu papel no sector
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
- A Asociación de Veciños de A Devesa organiza a II Comida Veciñal o domingo 29 de marzo
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
- O Coro Eufonía ofrecerá unha actuación o vindeiro 22 de marzo ás 19:30 horas na Catedral de Mondoñedo
A actividade conta coa colaboración do Concello.