Viveiro, 17 de maio de 2019. A Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, subliñou este venres que o Concello de Viveiro xa contestou a Augas de Galicia sobre o informe hidrográfico para a rehabilitación do barrio de Xunqueira. “O señor Balseiro minte descaradamente ou está mal informado. Todos os voceiros da corporación municipal, incluído o do PP, saben que dende o Concello respondemos ao estudo que nos enviou a Xunta de Galicia. E o saben porque convoquei unha Comisión Informativa, na que estaban representantes do Partido Popular, para que foran coñecedores das 3 alternativas que nos ofrecía Augas de Galicia. Entre todos os voceiros, e coa axuda dos técnicos municipais, acordamos enviar un escrito a Augas de Galicia para que foran eles os que decidiran que opción era a máis viable, posto que foron os seus especialistas os que redactaron dito informe. No escrito enviado dende o Concello recolliamos a necesidade de contar coa opinión dos veciños que viven en Xunqueira para tomar a decisión final”.
“Por iso, esta mesma semana mantivemos un encontro cos residentes da zona para explicarlles o proxecto, no que nos trasladaron a súa negativa porque as actuacións lles deixarían pouco marxe de espazo dende o río ás súas casas. E o fixemos porque entendemos que temos que escoitar aos veciños antes de facer nada porque son eles os que viven alí e os que coñecen de primeira man as necesidades que existen”.
A Xunta nunca manifestou o interese en colaborar
A Alcaldesa de Viveiro denunciou que “no informe hidrográfico, a Xunta de Galicia en ningún momento manifestaba o interese en colaborar economicamente co proxecto, que conta cun orzamento duns 500.000 euros. É máis, esixía que fose o Concello e a Deputación os que achegásemos integramente dito investimento e de forma urxente. Agora ao parecer dende o goberno galego estarían dispostos a destinar o 33% do total. Alegrámonos, pero danos a sensación de que se trata doutra promesa electoral do PP que ao final non cumprirán, deixando tirados aos veciños de Xunqueira e a Viveiro. En cambio, dende o Concello e a Deputación sempre colaboramos con medios técnicos e humanos, así como con 80.000 euros do organismo provincial para acondicionar un muro”.






















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



