Viveiro 19-5-19. O conxunto benxamín do Clube Ximnasia Viveiro vén de quedar campión provincial na categoría de promoción. Na imaxe que ilustra esta noticia figura o conxunto ao completo subido ao primeiro caixón do podio. O equipo está conformado, de esquerda a dereita, por Ruth Palmeiro, Icía Lage, Ángela Martínez, Martina Collazo, Adriana Pérez e Icía Mariño; todas elas con idades comprendidas entre os oito e os nove anos.
O campionato de Ximnasia Rítmica correspondente á provincia de Lugo celebrouse en dúas fases, unha primeira organizada en Foz e unha segunda en Monforte de Lemos.
As ximnastas de Viveiro xa lograron a medalla de ouro na primeira das fases, que tivo lugar o día 1 de maio. Así e todo, este sábado volveron ratificar o primeiro posto en Monforte, quedando de novo por diante do conxunto monfortino do Club Quicela e da Asociación Deportiva Aixa de Sarria.
O vindeiro domingo 16 de xuño as campioas provinciais do Clube Ximnasia Viveiro volverán ao tapiz, pero desta volta será no campionato galego de promoción que se celebrará na cidade de Ourense.























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
