Como o tempo non acompaña a actividade trasladouse ao pavillón dos IES. Desde Gaia subliñan que “é moi importante que dende pequenos eduquemos neste tema aos nenos e nenas e aprendan os sinais básicos. Facemos moito fincapé no tema de cruzar polo paso de peóns e na necesidade de asegurarse de que os vehículos paran antes de cruzar, xa que este pequeno xesto pode salvarnos dun accidente. Outro dos puntos que sempre recalcamos é a obriga e importancia de levar o casco posto cando somos ciclistas”. A Aula Gaia do Concello de Burela realiza diversas actividades nos centros educativos da localidade.
