Nota de Prensa
O único edil nacionalista dá máis credibilidade aos argumentos dunha empresa privada que aos criterios dos técnicos municipais que aconsellan non asumir o pago dunha reparación do camión do lixo ao entender que a mesma está cuberta pola garantía
O PP DE CERVO ACUSA AO VOCEIRO DO BNG DE TERSE CONVERTIDO NUN EXPERTO POR CORRESPONDENCIA QUE OPINA DE TODAS AS MATERIAS SEN O MÁIS MÍNIMO FUNDAMENTO
o Os populares especulan con ironía cal será a próxima materia sobre a que centrará as súas críticas Xoán Antón Estúa “sempre incorrendo en imprecisións e medias verdades, con total intención e ánimo de enganar aos veciños”
Cervo, 12 de marzo de 2010.- Para o Partido Popular de Cervo cada día que pasa hai más datos que demostran que o único edil do BNG en Cervo asumiu como propio o papel de Cobrador do Frac, eso si sempre en defensa das grandes empresas que teñen algún tipo de contencioso contra o Concello de Cervo, e sempre antepoñendo o beneficio destas, por riba dos intereses dos veciños do municipio.
Xoán Antón Estua que primeiro saíu defendendo a unha compañía submistradora de enerxía eléctrica, agora vén de apoair a outra empresa privada ao respecto do conflicto que mantén co consistorio. Ao PP Cervo parécelle asombroso que o voceiro do BNG lle dea máis valor e credibilidade aos argumentos manexados por esta empresa privada na reclamación dunha débeda, que ás razóns e os criterios esgrimidos polos propios técnicos municipais que aconsellan negarse a pagar o arranxo do camión de recollida de lixo, pois o devandito gasto debera ser gratuíto ao dispoñerse da garantía correspondente.
O único concelleiro nacionalista non deixa de asombrar aos populares cervenses co seu extenso abano de “presuntos coñecementos” en temas tan dispares e distintos coma son o Urbanismo, a Economía, a Cultura e agora tamén a Mecánica. É por iso que os populares xa están a efectuar apostas especulando sobre o próximo tema no que o señor Estua ilustrará aos veciños. “Tal vez se atreva a deleitarnos cunha lección maxistral sobre náutico ou quizais de xenética”. Pero á luz dos erros e imprecisións nas que intencionadamente incorre á hora de analizar todos os asuntos, moitos nos tememos que estas cuestións sobre as que opina as debe aprender no seu tempo libre a través de cursos por fascículos ou por correspondencia.
O PP de Cervo subliña que por fortuna os políticos do Goberno local sempre se fiarán do criterio dos seus traballadores municipais e dos técnicos competentes e por en base a iso sempre se deixarán aconsellar por eles. Os populares insisten nesta idea ao subliñar que a política non fai aos servidores públicos converterse en técnicos en todas as materias, polo que é moi aconsellable basear as súas decisións en relación cos coñecementos dos profesionais que teñen ao seu redor. De feito grazas ao escrupuloso compromiso coa defensa dos intereses xerais dos veciños e o aval do criterio técnico tense aforrados moitos cartos como aconteceu nos casos como o Plan Placer, SUMIGEST, ou as deficiencias de construción da piscina olímpica municipal, ao respecto dos que tamén se suscitaron litixios xudiciais que remataron por dar razón ao Concello de Cervo.




















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



