Viveiro, 10 de xuño de 2019. No día de hoxe, tivo lugar unha reunión entre a Alcaldía, o Xefe Provincial de Costas e os representantes das empresas que resultaron adxudicatarias de forma definitiva no procedemento levado a cabo por Costas para a realización dos estudos xeotécnicos do paseo marítimo e da baixada á praia de Sacido, que son PROYFE, no caso do paseo marítimo, e ICEACSA, para a baixada a Sacido.
Coa realización dos traballos referidos vaise estudar a estabilidade do paseo marítimo e do talud da baixada á praia de Sacido para coñecer cáles son as posibles solucións con respecto aos problemas existentes a día de hoxe, valorar os seus custes e decidir a actuación máis idónea para cada un destes dous espazos.
A realización destes dous estudos supón un paso moi importante para solventar os problemas de inestabilidade do paseo marítimo e da baixada á praia de Sacido, co obxectivo de poder executar as actuacións que corresponda á maior brevidade posible; ambos estudos son, polo tanto, esencias para poder facer as intervencións que se determinen.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



