Burela, a 14 de xuño de 2019.- Os concelleiros electos do PP burelés aseguraron hoxe que “segundo a documentación que o propio Alfredo Llano remitiu ao Grupo Municipal do PP o pasado 7 de xuño, as obras de remodelación do pavillón Vista Alegre non rematarán ata setembro de 2020”. De feito, “está previsto que comecen as obras entre marzo e abril do vindeiro ano, o que demostra que Llano está lanzando continuamente cortinas de fume para tapar a súa absoluta falla de xestión”.
Os populares aseguran que “o único que fixo o alcalde foi encargar á empresa habitual, Into Galicia Consulting, unha memoria xustificativa para sacar a concurso a redacción do proxecto construtivo. E a simple redacción do documento terá un custo de 63.978’75€, para o que non hai partida nos orzamentos do presente ano e que a día 7 de xuño estaba sen informar por parte de intervención”.
Tamén engaden que “non obra no Concello ningún escrito da Liga Nacional de Fútbol Sala de concesión de ningunha moratoria para realizar as obras”.
Desde o PP burelés afirman que “as obras de reforma e ampliación do Vista Alegre terán un custo que pode chegar aos 1.817.882’50 euros. Para abordar esta obra, e polo tanto este importe, non hai nestes momentos financiación por parte do Concello; xa que ademais de non haber partida orzamentaria suficiente no presuposto do presente ano, tampouco se iniciou ningún expediente para mobilizar o remanente de tesourería. Pero é que ademais non hai ningún compromiso de financiación por parte de ningunha administración, xa que non consta que o alcalde se dirixise a ninguén cunha proposta por escrito, seria e rigorosa, con diversas formas de colaboración entre institución e polo tanto de financiación. E sen cartos non resulta moi doado facer obras”.
Os edís electos do PP aseguran que “Llano sabía desde 2016 cales eran as condicións que solicitaba a Liga Nacional de Fútbol Sala. Non fixo nada de nada neste tempo, e agora, cando o tempo apremia, aínda pretende rematar a obra en setembro do ano próximo”, lamentan.





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



