Riotorto, 15 de xuño de 2019.- O BNG de Riotorto criticou a “urxencia” do alcalde, o popular Clemente Iglesias, en fixar o seu soldo. “A investidura celebrouse ás 10:30 e, media hora despois, os membros da corporación municipal fomos convocados para un sesión extraordinaria cun único punto na orde do día, a retribución do rexedor, unha mostra do que realmente lles interesa de estar no goberno”, denunciou o concelleiro nacionalista, Luis Fernández.
Iglesias asignouse un soldo de 2.870 euros mensuais, máis dúas pagas extraordinarias en xuño e decembro, máis “os trienios correspondentes”. A contía supera os 41.200 euros anuais.
O concelleiro do BNG criticou a “desorbitada cifra do salario para concello que conta con pouco máis de 1.200 habitantes e no que a poboación descende ano a ano. Cobrará máis que o alcalde da Coruña na pasada lexislatura”, comparou.
Fernández apuntou que o soldo de Iglesias “multiplica por tres a renda media dos habitantes do municipio, que non chega aos 13.000 euros. Unha vez máis sairemos na prensa por termos o alcalde mellor pagado. Espero que en catro anos saiamos por ser o concello no que mellor se vive”, ironizou.
O edil nacionalista subliñou que a contía supón unha suba de 170 euros con respecto ao salario que o popular se asignou na primeira lexislatura. “Supoño que será a mesma cantidade que subirá a nómina as empregadas e empregados do concello”. Fernández recordoulle a Iglesias “que o seu partido votara en contra da suba do salario mínimo no Congreso: 900 euros son demasiado para os demais pero a vostede fanlle falta 2.870”, incidiu na contradición.
No Pleno, non se fixou ningún dos outros extremos previstos na lexislación como son a periodicidade das sesíons plenarias ou a creación e composición das comisións informativas. A Corporación deberá reunirse de novo con carácter extraordinario para concretar estes aspectos.
Na sesión plenaria, o secretario municipal recoñeceu a “excepcionalidade” que supón convocar un Pleno para fixar as retribucións no mesmo día da investidura.


















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



