XOVE .- Despois de repetir como subcampión e acadar terceiros postos durante varias ligas, Ginés Rodríguez Fernández, proclamouse campión da Liga de Bolos de Xove a falta de celebrarse a tirada de Vilachá.
Nota de Prensa
INCIDENCIAS DA 17ª TIRADA
CENTRO SOCIAL DE VILACHÁ (13 DE MARZO)
Tarde fria e boa participación con 36 inscritos: 9 na Liga Feminina, 5 na Liga Sub 18 e 22 na Liga Senior.
Liga Senior.- POR FIN!. Despois de innumerables subcampionatos e terceiros postos, GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ proclamouse campión da Liga de Bolos de Xove na súa XXIª Edición, trais unha reñida tempada co subcampión José Rafael González. Ademáis proclamouse campión ao grande, ousexa, gañando a tirada de Vilachá, o cal lle dá os puntos suficientes para ser matematicamente campión. Ginés Rodríguez, que ademáis é o Presidente do Club de Bolos Xove, persoa moi vinculada ao deporte autóctono galego, vé así cumprido un dos seus soños, que é o de gañar a competición de Bolos, que segundo os nosos datos, é a máis antiga de Galicia. A tenacidade e a perseverancia, ao final das os seus froitos. Noraboa a Ginés.
Nesta categoría inda quedan algunhas cousas por dilucidar, dado que César Cancelos inda non ten asegurado o terceiro posto final; con 9 puntos de ventaxe sobre Carlos Javier Rodríguez vai se moi difícil que se lle escape, pero nos bolos todo é posible. Carlos Javier que viña desenvolvendo unha segunda volta excelente, fallou estrepitosamente en Vilachá, onde non foi capaz de puntuar, dahí que as súas posibilidades de acceder ao caixón final mermaran grademente. Para o TROFEO AUTOESCUELA MUNDIAL Á MELLOR BOLADA, temos, a falta da proba final de Sumoas, a Augusto Albo e José Manuel Cociña Rivera con 75 puntos, polo que si non se supera a bolada en Sumoas, terán que ir ao desempate.
Liga Sub 18.- Con todo practicamente decidido, nesta xornada quedaron definidos os dous primeiros postos, sin variacións no guión. Os catro puntos acadados por José Vigo chéganlle para proclamarse matematicamente por primeira vez CAMPIÓN da Liga Sub 18 de bolos, estando acompañado no segundo peldaño do caixón por Cristian Rodríguez, quen ao final non puido con Jose Vigo. Pero queda inda un posto no caixón, para o cal están pelexando Óscar Pérez (55 puntos) e o campión da pasada edición Andrés Rodríguez (51 puntos), os cales van dirimir ese tereceiro posto na útlima tirada de Sumoas.
Para o TROFEO AUTOESCUELA MUNDIAL Á MELLOR BOLADA, temos, a falta da proba final de Sumoas, a Cristian Rodríguez e José Vigo con 68 puntos, polo que si non se supera a bolada en Sumoas, terán que ir ao desempate.
Liga Feminina.- Decididos xa os dous primeiros postos do podium, con Carmen Roca no máis alto e Dolores Baño no segundo peldaño, queda tamén por dilucidar o e escalón. Para terceira posición temos a Marta Álvarez con 33 puntos, gracias á victoria obtida en Vilachá, e a Salomé Bermúdez con 31 puntos. Elas dúas se terán que xogar ese terceiro peldaño o vindeiro venres en Sumoas.
Como dixemos, a temporada regular vai rematar o VENRES, 19 DE MARZO NO CENTRO SOCIAL DE SUMOAS, e remata o día 19 porque varios xogadores do Club de Bolos Xove vanse desprazar ao Campionato Galego de Bolos que vai ter lugar en Nigrán (Pontevedra) a partir do día 20 de marzo.
Nesta tirada de Sumoas, ao final da competición, vaise celebrar a entrega de trofeos, a cal vai estar presidida polo Alcalde de Xove, acompañado da Concelleira de Cultura e outras autoridades. Imos contar tamén coa presencia dun representante da Autoescuela Mundial Xove, a cal ven colaborando coa nosa Liga dende hai bastantes anos, polo cal queremos tranmitirlles o noso máis sinceiro agradecemento.
Entre os premios que se van entregar de todas categorías, imos salientar o TROFEO AUTOESCUELA MUNDIAL ao Xogador Máis Veterano do campionato, que un ano máis recaeu en Modesto Albo vidal, quen vai camiño dos 81 anos, que neste momento ocupa o 11º posto nunha clasificación de 26 xogadores. Casi nada!
TIRADA DO CENTRO SOCIAL DE VILACHÁ (13 MARZO 2010)
| CAMPEONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE VILACHÁ (13 MARZO 2010) = 36 INSCRITOS: 22 NA LIGA SENIOR, 5 NA LIGA SUB 18 E 9 NA LIGA FEMININA | |||
| CLASIFICACION | NOME | TANTOS | PUNTOS |
| LIGA SENIOR | |||
| PRIMEIRO | GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ | 180 | 12 |
| SEGUNDO | JOSÉ ANTONIO RODRÍGUEZ GALDO | 178 | 10 |
| TERCEIRO | CÉSAR CANCELOS LÓPEZ | 174 | 8 |
| CUARTO | AUGUSTO ALBO OCAMPO | 172 | 7 |
| QUINTO | JORDI MEITÍN SERANTES | 172 | 6 |
| SEXTO | MARCELINO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ | 171 | 5 |
| SÉTIMO | LUIS RANCAÑO BOUSO | 169 | 4 |
| OITAVO | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 169 | 3 |
| NOVENO | MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA | 165 | 2 |
| DÉCIMO | FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ | 161 | 1 |
| MELLOR BOLADA | RAMÓN FRANCO BERMÚDEZ | 72 | 1 |
| LIGA SUB 18 | |||
| PRMEIRO | ÓSCAR PÉREZ MEITÍN | 185 | 6 |
| SEGUNDO | CRISTIAN RODRÍGUEZ BAÑO | 168 | 4 |
| TERCEIRO | JOSE VIGO LAGE | 154 | 3 |
| CUARTO | ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS | 139 | 2 |
| QUINTO | ALEX MEITÍN SERANTES | 111 | 1 |
| MELLOR BOLADA | JOSE VIGO LAGE | 69 | 1 |
| LIGA FEMININA | |||
| PRMEIRO | M ARTA ÁLVAREZ FERNÁN DEZ | 120 | 6 |
| SEGUNDO | DOLORES BAÑO FRAFA | 94 | 4 |
| TERCEIRO | MARÍA TERESA RAMOS FERNÁNDEZ | 81 | 3 |
| CUARTO | SALOMÉ BERMÚDEZ BEN | 64 | 2 |
| QUINTO | CARMEN ROCA CORRAL | 63 | 1 |



















O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.



