Burela, 8 de xullo de 2019. O Concello presentou unha nova edición das Xeorutas que terán lugar este verán. Son as de A Marosa, O Perdouro e O Cantiño. Ademais, como novidade este 2019 inclúe unha Xeoruta Circular por Burela, cunha duración de seis horas e que está prevista para os días 18 de xullo e 28 de agosto. Esta fai un percorrido polas tres rutas xeolóxicas de Burela, ademais de visitar as praias, os paseos marítimos e a subida ao Monte Castelo.
O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández Rey, anunciou que “desde o Concello de Burela, a Delegación de Turismo e a de Medio Ambiente, vimos de presentar unha nova edición das Rutas Xeolóxicas para este verán 2019. Vanse desenvolver os meses de xullo, agosto e setembro”.
O edil burelés salientou que “como novidade este ano incluímos unha Xeoruta Circular, que vai ter unha duración aproximada de seis horas. Vai pasar por todas as zonas xeolóxicas que temos en Burela e tamén por todos os paseos e as praias acabando no Monte Castelo. Vai haber un día desta ruta en xullo e outro en agosto, para probar que resposta ten por parte da xente, que esperamos que sexa positiva. Nesta ruta é necesario levar a comida porque é moi longa, para pasar un día dando un paseo e coñecendo toda a riqueza xeolóxica de Burela”.
Fernández Rey engadiu que “as outras rutas, como os anos anteriores e en Semana Santa, temos a do Perdouro, a do Cantiño e A Marosa que tamén teñen as súas peculiaridades. Comezamos agora no mes de xullo e para os vindeiros meses temos unhas datas fixadas para facelas”.
O responsable de Turismo dixo que “todo o mundo que estea interesado pode achegarse á Oficina de Turismo de Burela, e ver a información de cando van ser, o horario e as frecuencias destas rutas”.
Ramiro Fernández engadiu que “esta oferta ven completar o que vimos de presentar a semana pasada que son as rutas da lonxa, que tamén teñen moitísimo éxito. Penso que complementando con todos os atractivos turísticos que temos en Burela como poden ser as praias, o barco museo ou as redeiras, temos unha oferta turística importante e interesante e a xente que nos visite vai ter cousas que facer en Burela se quere quedarse unha tempada con nós”.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



