Lugo, 22 de xullo de 2019-. A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, invitou esta mañá a solicitar axudas ao amparo dos programas Áreas de Rehabilitación Integral (ARI) e ARI dos Camiños de Santiago, que suman un importe global de 4,5 millóns de euros. A conselleira mantivo esta mañá unha reunión con representantes municipais dos concellos da provincia de Lugo, aos que lles trasladou que o programa de Áreas de Rehabilitación Integral prevé axudas a propietarios para a rehabilitación de vivendas e a concellos para urbanización e reurbanización no ámbito comprendido dentro dunha ARI declarada.
Recordou que a nova convocatoria realizada polo IGVS para todas as áreas de rehabilitación integral de Galicia, aberta dende o pasado 10 de xullo, está dotada con tres millóns de euros e o prazo para presentar as solicitudes remata a finais de outubro; e engadiu que -de xeito paralelo- tamén se abriu a convocatoria das subvencións ás ARI dos Camiños de Santiago, dotada nesta nova convocatoria de 1,5 millóns de euros. Lembrou que -neste último caso- para acceder ás axudas, que poden ser de ata o 40% da actuación ou de 30.000 euros por cada vivenda construída en substitución doutra, é preciso contar cunha cualificación provisional que se pode solicitar en calquera momento.
Ángeles Vázquez invitou aos concellos a facer usos destes recursos públicos, así como de achegar aos seus veciños esta información, co fin de que ambas liñas de actuación esgoten o crédito reservado; ao tempo que é unha mostra do interese dos galegos por recuperar o patrimonio xa construído e se artella unha medida para facilitar o acceso a unha vivenda.
Rehabilitar cada vez máis doado
A conselleira de Medio Ambiente destacou que Galicia ten avanzado neste ano un paso moi importe, ao contar coa primeira Lei de rehabilitación, polo que se pode afirmar que Galicia é pioneira nesta materia, xa que é a primeira rexión en dispoñer dunha normativa específica en materia de rehabilitación.
Neste sentido, en Galicia cada vez é máis doado rehabilitar, non só polos incentivos dispoñibles; senón porque a Lei de Rehabilitación de Galicia, que entrou en vigor en maio, tamén simplificou os procesos e os trámites para levar a cabo actuacións de rehabilitación, por parte daqueles que teñen interese. Recordou que amplía os supostos para a concesión de licencias directas por parte dos concellos para a execución de traballos, como cambios de cuberta, actuacións en carpinterías exteriores, en fachadas ou no interior das edificacións, que tamén se aplican ás vivendas situadas nos Camiños de Santiago, sempre que non afecte a elementos especificamente protexidos, insistiu.
Orzamento de 50 millón de euros
Ademais da liña de axudas a ARI e dos Camiños de Santiago, a Xunta ten habilitados outros programas, que suman un importe global de máis de 50 millóns de euros en 2019 e que está a disposición das entidades municipais e dos galegos. A conselleira detallou o esforzo do Goberno galego por habilitar programas e medidas que suman 52,96 millóns de euros, dos cales 26,41 se destinan á rehabilitación; mentres outro tanto (26,55 M€) se reservan a iniciativas que teñen por fin garantir o acceso á vivenda, onde destacou as axudas dirixidas aos máis mozos e ás mulleres vítimas da violencia de xénero ou de explotación sexual.
Sinalou que aínda está aberto o prazo para a solicitar unha axuda ao abeiro da primeira orde para a adquisición de vivendas en centros históricos dirixida especificamente ao colectivo de menores de 35 anos, e que está dotada de 800.000 euros; un grupo social que tamén se pode beneficiar das axudas para a adquisición de vivendas en concellos de menos de 5.000 habitantes ou das axudas ao alugueiro, aos que se lles abona un 50% da renda durante un período máximo de tres anos. Indicou que a previsión do IGVS é convocar esta liña de incentivos (axudas ao alugueiro) antes de que remate o verán.
Ángeles Vázquez salientou a importancia de estar ao carón das persoas que sofren situacións de especial risco; polo que trasladou a necesidade de que os servizos sociais municipais coñezan os programas específicos para apoiar a estas persoas a iniciar un novo futuro. Lembrou que este ano por primeira vez se convocou unha liña de axudas específica para as mulleres vítimas da violencia de xénero, aos seus fillos, e a vítimas de explotación sexual, dotada con 1,6 millóns de euros. Deste xeito, cada solicitante contará con ata 225 euros ao mes para acceder á vivenda, así como a unha única axuda de 600 euros para facer fronte a gastos de contrato.
Tamén recordou que se deseñaron tres programas dirixidos específicamente aos concellos, xa que “en ocasións hai iniciativas que se quedan en ideas por falta orzamento”. Grazas ao programa de vivendas de mestres e de infravivenda; así como ao programa de axudas do fondo de cooperación, que se poden solicitar ata o vindeiro 1 de outubro e que teñen por obxectivo financiar actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes, a Xunta puxo a disposición das entidades locais preto de 8,5 millóns de euros.
























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



