Ribadeo, 6 de agosto de 2019. A Banda Sinfónica de Galicia actuará no auditorio municipal de Ribadeo o vindeiro venres, 9 de agosto, ás 20:30 horas. Música e valores é o título da xira deste 2019.
A agrupación está formada por 46 compoñentes, con idades comprendidas entre os 14 e os 22 anos, procedentes de diferentes bandas, escolas e conservatorios das catro provincias galegas. Os seus directores son: Carlos Diéguez, David Llano e Quique Lagares.
No programa de concerto desta xira destaca a interpretación e edición de obras de compositores galegos menores de 23 anos, como é o caso de Carme Rodríguez, de Ribadeo, e de Manuel Vázquez, de Cea; a participación como solistas dos galardoados no concurso Proxectando sons (Jaime Estévez co saxo alto e Iván Carballal co bombardino); ou tres pezas que teñen unha conexión especial cos auditorios onde tocarán estes días: Ribadeo, Sober e Ortigueira.
A ribadense Carme Rodríguez explica sobre a súa obra incluída no concerto da Banda Sinfónica de Galicia: “a obra, titulada A cova sumerxida. Xuízo a unha serea conta unha revisión do mito da Maruxaina, e tivo no ano 2017 o recoñecemento de ser Obra Finalista no X Concurso Galego de Composición para Banda de Música. A serea Maruxaina mora na cova de Xan Vello, sumerxida nos Farallóns da costa de San Cibrao, pero cando o temporal axexa, sobe ao alto do illote da Sombriza e dende alí canta e toca a corna. Os mariñeiros, engaiolados pola súa voz, achéganse demasiado ás rochas e sofren terribles naufraxios, ata que deciden saír ao mar para buscar á ninfa, levala apresada a terra e xulgala polos seus crimes. É entón cando a Maruxaina ten oportunidade de contar a verdade: ela só quere impedir os afogamentos e canta para advertir aos mariñeiros do temporal e mantelos lonxe dos Farallóns. Despois do xuízo, e vendo o pobo a verdade no relato da serea, devólvena ao mar, e dende entón a Maruxaina, fiel ao seu cometido, deixa soar un fermoso canto de cornas, evitando as desgrazas duns mariñeiros que agora, agradecidos, celebran a vida na súa honra”.
Rodríguez engade que “esta historia está estruturada en catro movementos: I. Nos farallóns, II. O naufraxio, III. O rapto da Maruxina e IV. Cornas na quietude; e amosa o estilo cinematográfico dos poemas sinfónicos, con momentos intimistas nos que os solos dos ventos teñen protagonismo e explotan as capacidades do instrumento, e outros momentos de acción con grandes densidades instrumentais. Utilízanse varios leitmotivs, símbolos das personaxes, localizacións ou emocións do relato, sendo o motivo melódico do canto de cornas da Maruxaina o que vertebra toda a obra”.
A xira 2019 da Banda Sinfónica de Galicia conta co apoio da Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Políticas Culturais, dos Concellos de Ortigueira, Ribadeo e Sober, Xacobeo 2021, así como das escolas e bandas de ditas vilas e das empresas Editorial dos Acordes e Piccolo Music Store.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



