Madrid, 20 de agosto, 2019. Os deputados de Lugo no Congreso, Jaime De Olano e Joaquín García Díez, esixen ao Goberno que precise como lle vai afectar á provincia o pago de autovías que planea o Executivo de Pedro Sánchez. Será a través da iniciativa que veñen de rexistrar, e na que os populares tamén demandarán que o Executivo aclare quenes serán os colectivos que se verán afectados pola imposición desta taxa, así como o importe total a abonar por un usuario medio en cada unha das vías que se someterían a pago.
E é que ao igual que está acontecendo en todo o país, Lugo tampouco se vai a ver libre de peaxe que o Goberno en funcións pretende impoñer a todos os españois para circular por autovías gratuítas, e que, no caso da provincia, son as A-8 e A-6. En total, e de aplicarse esta medida, serían 215 quilómetros os que se verían afectados, 110 na segunda e 105 na do Cantábrico.
Deste xeito, os populares censuran a decisión de Sánchez de crear un novo gravame, ao tempo que consideran “necesario” que se explique as condicións que leva implícitas a aplicación desta taxa, pois a afectará negativamente a colectivos tan importantes como o transporte ou a industrias.
“Continúa con este globo sonda, sendo moi alarmante que non explique cal é a súa proposta, contías ou recorridos afectados. Consideramos que non é de recibo que aínda non se dixese se van pagar os autónomos, os transportistas, os gandeiros, os xubilados….. Aínda que digan que será algo simbólico, o que pretenden facer é unha suba de impostos en toda regra”, alertan.
Por este motivo, os deputados lucenses presentaron dita iniciativa e recoñecen estar “profundamente preocupados pola deriva na que está sumida a política impositora de Sánchez”, e que xa a ter consecuencias “claramente negativas e prexudicais para a economía dos españois e o futuro do país”.
A este respecto, engaden que “o que agardamos os lucenses e os galegos en xeral é que Sánchez lle transfira á Xunta os 700 millóns que lle adebeda; diñeiro que, na súa maior parte, se destina á Sanidade, Educación e Servizos Sociais e non un incremento de impostos en forma peaxe en autovías”.


















Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.



