Cervo, 28 de Agosto, 2019. Tras a xuntanza do BNG co comité de empresa de ALCOA para analizar as consecuencias da redución da produción de aluminio na factoría da Mariña, a portavoz nacionalista, Ana Pontón trasladou o apoio do BNG ao colectivo de taballadores e traballadoras e responsabilizou ao Partido popular e PSOE da medida.
Pontón manifestou a súa preocupación polo futuro da empresa, cunha redución do 11% da produción durante este ano, e advertiu que se non existe un marco enerxético estable competitivo, a situación pode agravarse e afectar ao emprego.
O problema de ALCOA, afirmou, precisa dunha solución inmediata e nesa liña anunciou que o BNG presentará iniciativas no Parlamento, Deputación de Lugo e concellos afectados para buscar unha alternativa que garanta a estabilidade na factoría, “motor económico da Mariña e con gran incidencia no sector industrial galego”.
A portavoz do BNG pediu á “Xunta que non se poña de perfil” ante un problema que non só afecta a ALCOA senón que, explicou, ten consecuencias para a industria electrointensiva no noso país. A situación, dixo, “ten responsabilidades políticas directas do Partido popular que creou un marco enerxético que impide competir con empresas do entorno europeo e internacional” pero tamén do “Partido popular que goberna a Xunta e ten competencia en industria”. Por outro lado, engadiu, o Partido Socialista prometeu un “estatuto” para as industrias electrointensivas antes das eleccións de abril e no mes de agosto seguimos sen unha solución. “Sentimos enganados e enganadas polo Partido Socialista” e o seu desinterese polo futuro industrial do noso país, remarcou a portavoz do BNG.
En Galiza non podemos permitirnos perder un só posto de traballo polo custe da enerxía porque ademais somos exportadores e resulta paradóxico que as empresas eléctricas sigan engordando os seus beneficios e “facéndose de ouro” mentres a enerxía en Galiza non redunda en emprego e futuro para os traballadores e traballadoras de ALCOA.
MESA DE NEGOCIACIÓN E INICIATIVAS INSTITUCIONAIS
O BNG, asegurou Pontón continuará traballando para acadar unha solución ao problema enerxético, un problema, dixo, que pasa pola “defensa dunha tarifa eléctrica galega, un estatuto para as industrias electrointensivas cun prezo competitivo e o compromiso desas empresas de investir e garantir emprego”.
A portavoz do BNG reiterou que a Xunta non pode poñerse de perfil “nin botar balóns fóra” polo que propuxo crear unha “Mesa de negociación con presenza da Xunta, Alcoa e comité de empresa” para paralizar a redución da produción e non poñe en perigo 2.000 empregos. Dende o BNG levaremos a situación de Alcoa ao primeiro pleno do Parlamento galego, no mes de setembro, porque hai que tomar decisións e abandonar a política de “espectáculo e propaganda”. A crise política do estado está a crear “graves problemas en Galiza” e necesitamos solucións.
Á xuntanza da portavoz nacional do BNG co comité de empresa de ALCOA tamén asistiron: a deputada do BNG por Lugo, Olalla Rodil, a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida e membros do consello comarcal do BNG na Mariña.





















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



