Pontevedra, 16 de setembro de 2018. Un técnico da Asociación Nacional de Municipios de Mozambique pasará un mes intercambiando coñecementos con persoal de catro concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. A través do programa Vacacións con Traballo en Galicia, cofinanciado pola Xunta, o especialista en finanzas municipais Onofre Muianga visitará os concellos de Burela, Cabanas, Outes e Moaña para coñecer a súa experiencia nesta área. O obxectivo é reforzar as capacidades dos municipios do Sur, ao tempo que se contribúe a sensibilizar sobre a súa situación e visibilizar as potencialidades.
Recadación e xestión de impostos, catastro tributario, transferencias fiscais e outras fontes de financiamento ou control interno e modelos de rendición de contas son algúns dos temas de interese do convidado africano. Onofre Muianga pasará unha semana en cada municipio, favorecendo deste xeito a implicación das administracións locais galegas na solidariedade internacional, ademais de aproveitar para reunirse con distintas institucións.
O técnico mozambicano atópase xa no Concello de Burela, onde ás 12 horas participou nunha recepción institucional. Ademais do traballo diario no departamento económico, está previsto que Onofre Muianga viste o mércores a Deputación de Lugo e ofreza unha charla no IES Perdouro o xoves, alén de coñecer a actividade de distintas asociacións e os principais puntos de interese da vila. A última semana de setembro vaina pasar no Concello de Cabanas, onde tamén terá unha intensa axenda laboral combinada con visitas turísticas pola comarca do Eume e xuntanzas con colectivos locais para favorecer o intercambio cultural.
Na primeira semana de outubro, o convidado de Mozambique estará intercambiando experiencias con responsables das finanzas municipais no Concello de Outes, onde tamén ofrecerá unha charla sobre a realidade do país lusófono no IES Poeta Añón e se achegará a diversas actividades produtivas da zona. A estadía culminará no Concello de Moaña, con máis traballo polas mañás e outro tipo de experiencias polas tardes, nas que visitará instalacións deportivas, grupos de música tradicional, etc. Tamén haberá tempo para senllos encontros con alumnado do IES As Barxas e do IES A Paralaia.
Axuda de emerxencia tras o ciclón
O Fondo Galego ten apoiado en Mozambique unha decena de proxectos que nos últimos anos se veñen intensificando a partir da liña de traballo iniciada coa ANAMM. A última actuación levada a cabo foi a axuda de emerxencia facilitada á vila de Nhamatanda, gravemente afectada polo paso do devastador ciclón Idai. Ademais, os sistemas de abastecemento de auga construídos no municipio de Nhamayábue -para evitar que a veciñanza fose atacada por fauna salvaxe ao collela no río- resultaron prexudicados polas fortes chuvias, polo que se están levando a cabo tarefas de reparación. Doutra banda, vén de rematar o proxecto para previr doenzas, adiccións e embarazos precoces na mocidade empregando como ferramenta o deporte, da man da Fundaçao Encontro.
O Fondo Galego de Cooperación
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 97 concellos e as deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Garántese deste xeito unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos con impacto nos países do Sur e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Desde a súa fundación en 1997, o Fondo Galego ten desenvolvido máis de 150 proxectos en preto de 30 países e promove numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur.






















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.