Viveiro, 18 de setembro de 2019.- A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, anunciou hoxe a licitación das obras do novo Centro de Atención e Información da Seguridade Social en Viveiro. A subdelegada do Goberno que estivo acompañada pola alcaldesa, María Loureiro; o director provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social, Juan José Rodríguez Gude, e a directora do CAISS de Viveiro, presentaron esta mañá o proxecto para a construción do novo edificio, que se levantará nunha parcela situada na avenida de Ramón Canosa, número 6, á caron do edificio de Correos e fronte ao porto de Viveiro.
Isabel Rodríguez deu conta de que o Goberno sacou a licitación esta mesma semana a construción da nova sede do CAISS, longamente esperada, cun presuposto de case 993.441 euros (IVE incluído) e un prazo de execución de 10 meses. As empresas poderán presentar ofertas ata o 14 de outubro.
“Damos así o paso definitivo para dotar a Viveiro dunhas modernas instalacións para este servizo público, para facer posible que a Seguridade Social poida atender nas mellores condición saos cidadáns. Como poden supoñer, para mín supón unha gran satisfacción presentarlle aos veciños e veciñas de o proxecto de construcción do edificio que vai ser a nova sede do CAISS de Viveiro, pola que levamos moitos anos agardando”, manifestou a subdelegada.
Rodríguez explicou que “nesta parcela na que nos atopamos construiranse as novas instalacións da Seguridade Social para atender coa maior dignidade e privacidade aos cidadáns e onde poderá traballar con mellores condicións o persoal do INSS. Aproveito para agradecerlles os anos que levan facendo o seu labor nunhas instalación que non son precisamente cómodas. Xa saben que actualmente as instalacións da Seguridade Social están en Celeiro, no mesmo edificio que ocupa o Instituto Social da Mariña, co que se a construción do novo edificio permitirá liberar espazos que poderán ser utilizados polo ISM e polos servizos sociais da Xunta”.
12.000 USUARIOS
“Da trascendencia desta obra dá idea o feito de que cada ano 12.000 cidadáns reciben atención neste Centro da Seguridade Social, que atende cada mes a 1.000 persoas e dá servizo aos concellos da Mariña Oriental, polo tanto, penso que non é esaxerado dicir que hoxe estamos de noraboa, porque esta é unha gran noticia para a cidade e para o resto dos concellos aos que dá servizo a Seguridade Social”, incidiu a subdelegada.
HUMANIZACIÓN DA ZONA
Para a alcaldesa de Viveiro, “hoxe é un día de satisfacción, estamos moi contentos porque, por fin, despois de tantas promesas incumpridas e tantos anos esperando, vemos que o novo Centro da Seguridade Social é unha realidade”. María Loureimo indicou que “cremos que con este edificio vaise mellorar a calidade e accesibilidade para os veciños e veciñas de Viveiro e imos humanizar esa zona e melloraranse todos os aspectos, tanto funcionais como estéticos”.
EDIFICIO ACRISTALADO
Pola súa parte, o director provincial da Seguridade Social na provincia, Juan José Rodríguez Gude, detallou que a nova sede do CAISS de Viveiro levantarase nunha parcela propiedade da Tesourería Xeral da Seguridade Social situada na avenida de Ramón Canosa, número 6. Trátase dun solar dotacional do Plan Parcial Lodeiro-Lavandeiras de 1.490 m2 de superficie, que está situado fronte ao porto.
Tal como informou, o proxecto prevé a construción dun edificio exento na parcela, totalmente acristalado e diáfano na zona administrativa, con unha pastilla opaca na parte traseira, na que se ubican os locais técnicos e de servizo. Na parte posterior haberá un aparcamento para 11 automóbiles, 1 praza reservada para discapacitados e área para motocicletas e bicicletas.
O edificio será rectangular. De aproximadamente 33,60 x 14,40 metros e con unha única planta. A superficie construída será de 404 m2 e a útil de 368,30 m2, dos que 294,30m2 destinaranse á area de administrativa, que incluirá a zona de atención aos cidadáns e de espera, zona de autoxestión informática a disposición dos cidadans, vestíbulo, sala de reunións, etc. Os 74 m2 restantes resérvanse para aseos, arquivo, almacén e área técnica.






















No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.



