Viveiro, 1 de outubro, 2019. As iniciativas presentadas polo grupo popular protagonizarán unha parte importante da sesión plenaria que celebrará mañá a corporación municipal de Viveiro. Mocións, rogos e preguntas populares figuran no orde do día do pleno. En todos os casos son iniciativas que parten de preocupacións e desexos dos veciños máis directamente afectados, aos que os concelleiros do PP dan voz no salón de plenos.
Unha das mocións, como xa se anunciou, ten por obxectivo reclamar ao Goberno medidas para garantir o futuro das plantas de Alcoa en San Cibrao. O grupo municipal do PP espera que todos os grupos, sen distinción, apoien instar ao Goberno a realizar todas as accións necesarias encamiñadas a garantir os centros produtivos e os postos de traballo das factorías de Alcoa en San Cibrao. Por outro lado, a proposta popular ten por finalidade instar ao Goberno central a garantir un marco enerxético estable e competitivo e aprobar, de xeito inmediato, o estatuto de apoio ás empresas electrointensivas, no que se incorporen as alegacións presentadas en conxunto pola Xunta de Galicia e as compañías galegas.
Outra moción do grupo popular ten por finalidade a adaptación de parques públicos para o uso compartido por persoas e animais de compañía. Os populares propoñen acotar zoas de distinto uso. Os concelleiros do PP suxiren crear unha comisión formada por políticos, técnicos e veciños para acordar a ubicación de ditas áreas compartidas; o PP opta por crear unha delas no parque que hai fronte ao Ecce Homo, na Misericordia.
Noutro orde de cousas, os populares presentan dous rogos. Un deles para que o Concello repare a estrada local que parte do quilómetro 1,5 da LU-661 e que conduce ao lugar de Carreira, en Fontecoba. Esta vía, segundo destaca o PP, está en moi mal estado e crea grave risco para o tráfico. É preciso reparar as pontes que dan acceso a vivendas e fincas e o pintado, polo menos lateral, da sinalización horizontal. Reclaman tamén a limpeza do río Fontecoba. Noutro rogo, os edís populares solicitan a retirada de inmediato dos materiais de obra, vehículos e outros obxectos depositados no campo de fútbol Marcos Gómez; tamén consideran necesario que se habilite o espazo de detrás da portería que da a praia para distintas actividades deportivas.
Os populares presentan varias preguntas ao goberno municipal. Por un lado, queren saber se os responsables municipais coñecían o programa, financiado con fondos europeos Wifi4EU, para promocionar a conectividade wifi gratuíta en espazos públicos. Se o coñecían, queren saber por que non solicitaron o correspondente bono en ningunha das tres convocatorias e se o pedirán no futuro. Por último, os concelleiros populares preguntan por que, segundo os datos de que dispoñen, non se paga aos xubilados do Concello, e desde cando, o incentivo previsto no convenio de persoal laboral.






















O Grupo Sargadelos adquiriu todos os bens inmobles, maquinaria e fondo de comercio de Burelarte S.L. As naves, de máis de 3.000 m² e os terreos anexos, con máis de 4.000 m², destinaranse a ampliar e mellorar a capacidade produtiva das empresas do grupo. Ademais, Sargadelos integrará a maior parte da plantilla de Burelarte e tentará manter viva a marca BurelaRTe, recoñecida pola súa calidade no gres porcelánico, sempre que a autoridade laboral o permita.
A semifinal do Mundial poderá seguirse este martes ás 21.00 horas na Praza Maior.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro Adrián Arias non quixeron perderse a cita e foron os encargados de facer entrega dos premios ás persoas gañadoras, felicitando a todos os participantes polo seu esforzo e polo gran nivel demostrado durante a competición. Desde o Concello de Cervo expresaron o agradecemento á Asociación Cabaleiros da Bidueira polo excelente traballo de organización, así como a todas as persoas colaboradoras, participantes e público asistente que fixeron posible o éxito desta terceira edición.
Polos micrófonos pasaron entre outras as concelleiras de Cultura e Turismo: Begoña Sanjurjo e Marta Saíz; o alcalde, Dani Vega; a pdta de Acisa, Carmen Cruzado; a dtra da Coral Polifónica de Ribadeo, Mari Carmen Rdez Cancelo; a pregoeira, María Xosé Porteiro ou Ángel Terry, membro do afamado grupo de son cubano, Estrellas de Buena Vista y más que foron os encargados de pechar o evento na xornada do domingo.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.
Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.



