Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2019. O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, presentaron hoxe en Santiago o cartel e programación da Feira de As San Lucas de Mondoñedo, unha cita que celebra entre os días 17 e 20 de outubro a súa 863ª edición.
Como novidade, este ano a programación de As San Lucas contará cun Festival Intercéltico que terá lugar o vindeiro 19 de outubro e que converterá á cidade de Mondoñedo nun punto de encontro para as chamadas nacións celtas. Esta nova incorporación inclúese en O teu Xacobeo, a convocatoria da Xunta para proxectos sociais, culturais, deportivos, patrimoniais e gastronómicos para implicar a toda a sociedade no impulso e programación do vindeiro Ano Santo.
Este novo festival permite que O teu Xacobeo se aproxime agora As San Lucas, unha das citas máis salientables das nosas tradicións, unha feira de gando cabalar centenaria que situou por séculos a Mondoñedo no centro da Cornixa Cantábrica. Así, a realización deste festival facilitará un gran intercambio cultural no Camiño, acadando un dos seus obxetivos principais, que é a diversidade das persoas que o transitan. O evento celebrarase na Praza da Catedral de Mondoñedo, o monumento mindoniense, declarado Patrimonio Mundial da Humanidade no ano 2015, que é, ademais, a única Catedral do Camiño Norte de Santiago en Galicia ata Compostela.
Videomapping para conmemorar o 800 aniversario da Catedral
O festival será gratuíto e o seu cartel estará composto por músicos galegos e de fóra. Arrancará co grupo de gaiteiros da comarca, que tocarán desde as torres da catedral, ao que lle seguirá a actuación do gaiteiro asturiano Brais Rodrigo. Logo será a quenda do espectáculo de Xavier Díaz e Adufeiras de Salitre, o grupo irlandés Lunasa e pechará o cartel o grupo francés de música celta e bretoa Gwendal. Tamén se proxectará un videomapping na fachada da catedral con motivo da conmemoración do 800 aniversario da súa construción.




















Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



