Burela, 9 de outubro de 2019. A vindeira semana coñecerase o nome da empresa que se fará cargo da limpeza viaria e da recollida do lixo, segundo deu a coñecer hoxe o alcalde, Alfredo Llano. Cinco foron as firmas que presentaron as súas ofertas para traballar en Burela.
O rexedor explicou que “hoxe abrimos o sobre das ofertas de 5 empresas que queren traballar no Concello de Burela para a limpeza viaria e a recollida de lixo, para o que estamos agora na fase de licitación. Son cinco empresas que levaron todas elas o informe técnico onde se fixeron as valoracións e agora coa apertura do sobre da oferta económica vaise estudar todo xunto, co informe técnico e máis oferta económica, e a finais da semana que vén unha destas cinco empresas será a elixida, tendo en conta as razóns técnicas e a oferta económica. Así que xa fixemos o traballo que levábamos tempo querendo facer, que era abrir este sobre C despois de facer a valoración técnica cunha puntuación que se dá segundo unhas bases que se redactaron”.
Alfredo Llano tamén se referiu esta tarde ao pavillón polideportivo: “tamén fixemos a apertura de sobres das catro ofertas que hai para arranxar o pavillón polideportivo e adaptalo ás esixencias da Liga de Fútbol Profesional. Agora estase redactando o informe técnico, onde aparecerán as valoracións a cada unha delas, de acordo sempre coas bases da proposta e despois tamén se abrirá o sobre C, para ver as ofertas económicas de cada unha desas catro empresas. Polo tanto para a semana que vén posiblemente tamén saibamos cal desas catro empresas que optan a realizar este proxecto executivo da mellora do pavillón Vista Alegre será elixida”.
Xunta local de seguridade
O alcalde anunciou que vai solicitar a celebración dunha xunta local de seguridade en Burela: “a ninguén lle pasa desapercibido que ultimamente, tanto en Burela como noutros sitios da comarca da Mariña, de Lugo e de Galicia, hai cada vez máis actos violentos, de intimidación, de roubos ou de pelexas, de inseguridade en xeral. No concello de Burela nunca houbo esta intensidade de actos violentos polo que xa tiven reunións coas forzas de seguridade, tanto coa Garda Civil como coa Policía Local, para intentar volver a normalizar outra vez a situación no noso concello e, extensivamente, para toda a comarca. Farei un petición para que se reúna en Burela a xunta de seguridade co obxectivo de buscar posibles solucións e analizar os motivos que hai para que estes incidentes se reproduzan cada fin semana. Canto antes intentemos normalizar a situación moito mellor”.
Llano dixo que “o Concello está preocupado e xa hai tempo que tivemos estas reunións. Imos tratar de unificar criterios facendo unha xunta de seguridade o antes posible. Pero desde o Concello xa estamos estudando as mellores fórmulas para minimizar estes impactos violentos que se están a producir”.






















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



