Santiago de Compostela, 10 de Outubro 2019.- A portavoz nacional, Ana Pontón, e o candidato ao Congreso pola Coruña, Nestor Rego, mantiveron un encontro co comité de crise creado tras o anuncio de peche da central térmica das Pontes, que aproveitaron para trasladar o empeño político do BNG en evitar ese peche, ademais de transmitir todo o apoio á mobilización social.
“Queremos trasladar unha mensaxe moi clara a todos os traballadores e traballadoras, incluídos transportistas e empresas auxiliares: o BNG non vai permitir que unha empresa como ENDESA, que obtivo beneficios millonarios pola explotación dos nosos recursos naturais, peche sen deixar unha alternativa de futuro a este concello e a esta comarca”, salientou Pontón.
A líder nacionalista indicou que o Bloque “comparte a preocupación das persoas que ven como se está xogando co seu futuro e tamén co futuro de toda unha comarca, por iso imos ser moi esixentes á hora de que as administracións implicadas dean unha resposta real. Porque de nada vale estar na queixa permanente, nun pim-pam-pum absolutamente inútil para Galiza senón se poñen solucións sobre a mesa”.
Solucións que, explicou, pasan por actuar nunha triplo dirección.
“En primeiro lugar, que o Goberno do Estado non autorice o peche acelerado que solicita ENDESA, pasa tamén pola constitución dunha mesa de traballo como a que propón o BNG e, finalmente, por poñer recursos para levar adiante un proceso de industrialización igual que o que se está facendo noutros países como é o caso de Alemaña, cun plan plurianual para as comarcas afectadas pola transición enerxética”.
En relación a esa mesa de traballo, a portavoz nacional explicou cal ten que ser a súa composición para conseguir unha transición enerxética que, se ben inevitable, debe ser xusta. “Unha mesa na que se sumen as administracións implicadas, a propia empresa e unha representación da parte social deste concello”, subliñou Pontón, tras criticar o papel xogado até agora tanto por Monte Pío como por Moncloa.
“Se estamos neste punto é porque houbo un Goberno central e unha Xunta que estiveron mirando para outro lado e non fixeron os deberes. É o momento de que nos plantemos como sociedade e digamos alto e claro que Galiza necesita un trato xusto, que pasa por esixirlle a ENDESA un compromiso con este país e implicación nas alternativas de futuro”.
Pola súa parte, Nestor Rego reiterou todo o apoio do BNG para evitar o peche da central, “porque é preciso a transición enerxética pero debe ser xusta, en particular cando se trata dunha empresa que pretende deixar tirada unha comarca despois de ter feito enormes beneficios”.
Encontro cunha representación de transportistas
Neste sentido, o candidato pola Coruña avanzou “a disposición total ao proceso de mobilización para que esa presión ás Administracións, en particular ao Goberno central, aporte alternativas. Despois do 10N, que estamos convencidos o BNG obterá representación no Congreso, o noso compromiso de que desde esa posición teremos como elemento fundamental dar unha solución a esta crise e facer valer os intereses do país coa forza que teñamos no Congreso”, salientou Rego.
Tras a reunión co comité de crise, Pontón e Rego, acompañados dos responsables municipais do BNG nas Pontes, Silvia Pardo e Quico Dasilva, mantiveron un encontro cunha respresentación dos transportistas de carbón para a central de ENDESA, pechados simbolicamente na casa do concello despois de levara seis meses afectados polo parón da central.



















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



