Lugo, 17 de outubro de 2019. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, visita este xoves os concellos de Ribadeo, Barreiros, Viveiro e Mondoñedo para coñecer de primeira man e supervisar investimentos que o organismo provincial está a realizar na comarca da Mariña por un importe superior aos 370.000 euros. Tomé tamén aproveita a viaxe para reunirse cos alcaldes e alcaldesas destes concellos co fin de analizar a situación dos proxectos e iniciativas que impulsa a institución provincial nas súas localidades, ademais de abordar as súas inquedanzas e demandas de cara abrir novas oportunidades de colaboración, dentro do firme compromiso do Presidente de reforzar a asistencia e cooperación cos concellos para que poidan implementar servizos e infraestruturas que melloren a calidade de vida e o benestar da veciñanza.
Así, José Tomé mantivo esta mañá unha xuntanza de traballo co rexedor de Ribadeo, Fernando Suárez, co que analizou os proxectos que a Deputación impulsou ou ten en marcha no concello, entre eles, a reconstrución do terreo de xogo do estadio de fútbol Pepe Barrera, unhas actuacións en execución que está previsto que rematen a principios de ano e ás que a institución provincial destinou 140.000€. “Agradezo que, á primeira chamada, o Presidente da Deputación viñera”, dicía Suárez no marco do encontro, no que aproveitaba para reprocharlle á Xunta de Galicia a súa falta de compromiso co municipio. “A Deputación ten que ser o Concello dos concellos e este goberno vai atender a todos”, afirmou o Presidente na súa segunda visita á Mariña no que leva de mandato.
No Concello de Barreiros, Tomé encontrarase coa Alcaldesa, Ana Ermida, xunto coa que coñecerá esta tarde o estado da estrada de Reinante que comunica a N-634 coa praia de Arealonga, a LU-P-0604. A Deputación ten previsto arranxar o aglomerado desta vía provincial cun investimento superior aos 60.000 euros. As obras comezarán en canto as condicións meteorolóxicas o permitan.
O mandatario provincial visitará tamén o Concello de Viveiro, onde manterá unha reunión coa Alcaldesa, María Loureiro. Tomé firmará no Libro de Ouro da cidade do Landro e falará coa rexedora dos temas de interese para o municipio, ademais de coñecer actuacións que contan con investimento provincial na localidade como as obras de conservación e mantemento da Oficina de Turismo, para a que se destinaron 20.430,31 euros; a reposición de pavimentos e servizos na rúa Benito Galcerán entre o número 16 e o Colexio de San Roque, que contan cunha achega de 43.359,78 euros; ou a reposición da rede de abastecemento de auga na marxe esquerda da rúa San Roque por valor de 78.463,15 euros. José Tomé tamén aproveitará para abordar coa Alcaldesa outras actividades e iniciativas que contan con investimento do organismo provincial por un importe de 78.463,15 euros, como a Rapa das Bestas de Candaoso ou as festas patronais.
O Presidente da Deputación pechará a xornada en Mondoñedo, onde participará no pregón das festas das San Lucas, para as que a Deputación achega 20.000 euros á asociación organizadora.



















Unha actividade organizada pola Asociación Cultural pensada para promocionar os produtos de proximidade e da artesáns, nun ambiente lúdico e festivo. Produtos de horta, conservas, mel, requeixo, plantas ornamentais ou bisuteria son algúns dos produtos que se podían encontrar no mercado, que contou tamén con outras actividades como bautismos hípicos. A Vicepresidencia da Deputación colaborou un ano máis na programación do mercado cun obradoiro de coiro e animación musical.
A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



