Con este lema celebramos a concentración na Plaza dos Campos de San Ciprián, e con este lema enchemos os mariñáns a plaza das grandes celebracións da Península da Paz. Xa o fixemos en Xove e volvemos a facelo en Burela e en calquer plaza de calquer municipio donde reclamemos unha solución para o motor da nosa comarca: a factoría de alúmina aluminio de Alcoa San Ciprián. Todos e cada un dos que acudimos á concentración fixemos un acto de responsabilidade e reclamamos unha solución que non está nas nosas mans, pero todos sabemos cal era o noso lugar e debemos poñernos a traballar todos unidos para asentalas bases do noso futuro e sobre todo, o dos que veñen atráis, as nenas e nenos que polas tardes, coma cada día tomarán esta plaza para xogar sen preocuparse do que facemos os maiores. Porque somos nós os que temos que loitar, xa non polo noso futuro, senón polo deles. Neste acto de responsabilidade, o que escribe é a voz que está á fronte da Asociación de Veciños de San Ciprián, unha asociación que é tamén o reflexo do que acontece, unha asociación que noutrora foi referente da loita e o esforzo contra inxustizas e o xeonllo no que se apoiaron numerosos proxectos, como o foi o da mesma plaza dos Campos no que rehibindicamos unha solución, o Museo de Mar ou o I.E.S. Marqués de Sargadelos no que nos formamos toda unha xeración. Tamén é o momento de que nos paremos a pensar se de verdade queremos loitar e afrontar esta nova adversidade e de que nos unamos nun frente común, porque a unha Asociación de Veciños non pode sosterse cunha media de idade por riba dos 60 anos, é o momento de deixar a un lado as comodidades e poñerse o traxe de faena. Ainda temos moito que facer e o que é peor: temos moito que perder como para quedarnos de brazos cruzados. Cando cheguei a concentración dexeronme “Vaste mollar” porque levaba unhas zapatillas deportivas e respondín “Sí, cando rematemos aquí sairei a correr coma cada noite, chova ou non”, cando o fácil é quedar na casa o dificil é alcanzar obxetivos. Veciños: ¡Alcoa non se cerra!



















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



