Lugo, 29 de Outubro de 2019. A Deputación de Lugo reclamará medidas urxentes para garantir o futuro de Alcoa en San Cibrao e da central térmica de Endesa nas Pontes. Así o acordou este martes o Pleno, no que destacou a unanimidade de todos os grupos políticos para sacar adiante cuestións de calado para a provincia. Deste xeito, aprobouse ademais, co consenso de PSdeG, BNG e PP, a reclamación dunha Autoridade Portuaria propia para o porto de San Cibrao, impulsada polo Grupo Provincial Socialista, así como a esixencia de melloras nas dotacións de persoal e horarios para as ambulancias de Foz e de Monforte. Á sesión plenaria acudiron representantes municipais dos concellos afectados pola problemática industrial, así como da Federación de Veciños e da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), entidades que reivindican a Autoridade Portuaria de Lugo.
Respecto do futuro da planta de aluminio que Alcoa ten en San Cibrao e do da central térmica de Endesa nas Pontes, a Corporación da Deputación de Lugo votou a favor de reclamar medidas de carácter urxente á Xunta de Galicia e ao Goberno do Estado para garantir a súa viabilidade. O acordo unánime chegou logo da proposta do Goberno que defendeu a Deputada María Loureiro. A socialista recalcou a importancia das dúas compañías para o futuro económico da provincia e lembrou que o Executivo tivo que levar esta proposta ao Pleno porque o Partido Popular non quixo na anterior sesión incluír nunha moción a responsabilidade da Xunta na política industrial, cando o Estatuto de Autonomía, no seu artigo 30, lle confire as competencias neste eido.
Cal é a política industrial da Xunta de Galicia?
“Equivocan ao responsable”, rebateu o Presidente da Deputación, José Tomé, á bancada popular. O mandatario provincial argumentou que Pedro Sánchez, a pesar de levar menos dun ano con plenos poderes no Goberno de España, arranxou o problema de Alcoa na Coruña e está tomando medidas para corrixir as dificultades da compañía en Lugo. “E que fai o señor Feijoo? Andou de paxaro de mal agoiro dicindo que a Alcoa Coruña non a ía comprar ninguén, sementando pánico entre os traballadores”. “Por que non nos explican vostedes cales son os compromisos da Xunta e do señor Feijóo con Alcoa e coas Pontes? Porque eu vexo outros gobernos autonómicos que si se comprometen coas súas industrias. Cal é a política industrial da Xunta de Galicia? Como aplican o articulo 30 do Estatuto de Autonomía que sinala as competencias propias nesta materia?”, preguntaba Tomé aos deputados do Partido Popular.
O Presidente da Deputación dixo que de Alberto Núñez Feijóo non se pode esperar “nada de nada, porque só sabe criticar, contar contos e sacar fotos. Esa é a triloxía do señor Feijóo, pero de medidas económicas para sacarnos dos problemas, cero. Agora ocórreselle dicir que vai facer un plan de reindustrialización. Onde está? Que leva dez anos no goberno. Díganlle ao señor Feijóo que menos palabras, menos fotos e máis feitos”.
Autoridade Portuaria
A Corporación Provincial acordou, tamén por unanimidade, que a Deputación de Lugo defenda a necesidade dunha Autoridade Portuaria propia para Lugo, logo da moción do Grupo Socialista. A institución reclamará ao Goberno central, no momento no que teña as competencias plenas despois das eleccións, a creación para o porto de San Cibrao dun organismo de xestión independente.
A Deputada Mayra García sostivo que Lugo é a única provincia marítima do Estado cun porto de interese xeral que non ten autoridade propia e que “é o momento de retomar esta demanda e rematar así cunha anomalía do sistema portuario español”. Segundo recalcou, “é fundamental, para garantir a supervivencia económica da comarca contar cun activo económico da importancia do porto de San Cibrao. Unha infraestrutura que cunha xerencia propia podería abrirse a novas posibilidades económicas, novos tráficos comerciais, e a unha maior implicación coa súa contorna”.
A proposta socialista saíu adiante cunha emenda de engádega do BNG, que, segundo explicou o voceiro desta formación, Efrén Castro, propuxo a apertura ao tráfico comercial do dique norte e, en tanto non se crea a Autoridade Portuaria, o reequilibrio de poderes na actual entidade de xestión de San Cibrao-Ferrol para que Lugo teña un maior peso á hora de decidir os investimentos.
Melloras sanitarias para Foz e Monforte
A Corporación aprobou así mesmo, a proposta dos socialistas, esixir melloras á Xunta de Galicia nas dotacións de persoal e nos horarios das ambulancias de Foz e de Monforte. A moción do PSdeG contou co respaldo de todos os grupos políticos con representación na Deputación de Lugo e puxo en evidencia as discriminacións que sofre a provincia de Lugo en materia sanitaria. “Os lucenses estamos a pagar a mala xestión sanitaria da Xunta de Galicia, que insiste en sinalarnos como cidadáns de segunda”, argumentou Pilar García Porto. A voceira socialista do Goberno remarcou as deficiencias nas ambulancias con base en Foz e en Monforte, que non contan, dixo, con todos os medios esixidos para dar unha óptima atención no servizo.
















O lume iniciouse ás 14.51 horas e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 7 axentes, 11 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.



