Cervo, 2 de novembro, 2019. O PP traslada ao sector pesqueiro da Mariña a necesidade de gobernar tamén en Madrid “para que se deixe de facer política coa pesca e si facer política pesqueira como facemos en Galicia”. Así o destacaron o candidato ao Congreso, Joaquín García Díez, a conselleira do Mar, Rosa Quintana e o dirixente popular José Manuel Balseiro no marco dun encontro mantido esta mañá en Cervo con representantes do sector.
Os populares analizaron así a situación pola que atravesa este colectivo, marcada, dixo Quintana, por “un final de ano complicado cos TAC, cotas e o Brexit”. Namentres que, entre 2005 e 2009 se perderon o 55% das toneladas que se podían pescar e do valor das cotas en prezos de primeira venda, no período 2009-2019, no que Galicia tivo presenza nos Consellos de Ministros de Pesca da UE representando ás CCAA en seis semestres, gañouse un 90% de cota, o que supón un aumento dunhas 118.095 Tn (sobre as 145.664 coas que se contaba en 2009).
Por iso, apuntou o que foi o voceiro de Pesca no Congreso dende 2004, Joaquín García Díez, “es importante lo que decidamos el día 10, ya que de los resultados saldrá el ministro que negocie los intereses del sector en Bruselas y no es lo mismo que nos representen unos u otros, tal y como se nos acaba de explicar”. Segundo o número 2 á Cámara Baixa “lo que pase el día de las elecciones va a ser decisivo para la pesca gallega pero también para la de aquí”. E é que A Mariña ten case o 75% da frota de augas do Gran Sol con porto base en Galicia e factura o 71% do montante global da pescada que se desembarca en Galicia.
Joaquín García lembrou que, “en esta estéril y corta legislatura, solo el Grupo Popular presentó iniciativas relacionadas con la defensa de las cuestiones de sector pesquero. Mientras otros se dedicaban a dividir a los españoles y a aparcar de la agenda del Congreso los asuntos que preocupan a los españoles, el GPP ha llevado varias propuestas relacionadas con asuntos que interesan y preocupan aquí en Galicia, como las 4 Proposiciones no de Ley que abordan la problemática del relevo generacional y el reclutamiento de tripulantes, o la de establecer una gestión diferenciada de la anchoa en las zonas VIIIc y Ixa, o la relacionada con la búsqueda de soluciones ante el conflicto del transporte entre Mauritania y Marruecos, y también la referida a la costera del bonito”.
De cara ao novo período político, o popular renovou o seu compromiso co sector pesqueiro ofrecéndolles diálogo permanente e a colaboración do seu Grupo ante os novos retos que xa se atisban. Para o popular, “mientras en el PP trabajamos con propuestas el gobierno socialista acuerda el incremento indecente a las cotizaciones de la Seguridad Social de los trabajadores del mar y la obligación de fichar en los barcos de pesca. No se necesitan comentarios”, precisou
Por todo elo, Rosa Quintana apelou “a concentrar o voto para seguir traballando con eficacia diante do Brexit dentro do grupo que creou a Delegación do Goberno, pese a que nun principio non nos incluíron”. “Estamos atentos pero sobre todo estamos co sector. Por iso, é necesario un goberno do PP para que se poida avanzar na renovación da frota, o regulamento de control e se nos escoite máis, pois foi un eurodeputado do PP quen logrou sacar un informe no Parlamento que recollía o 80% do que pedía o sector galego nun ditame sobre o regulamento de medidas técnicas. A fichaxe horaria é unha incongruencia máis porque non din como contabilizar as horas que pasa un mariñeiro a bordo…as que durme, as que vai navegando… Por iso, é necesario un Goberno que dea a talla en Europa e en España tamén”, precisou.
“Un Goberno que goberne e xestione”
Trátase, sinalou Quintana, de acadar “un Goberno que goberne e xestione”, tal e como se está a facer dende a Xunta de Galicia presentando uns orzamentos para o vindeiro ano, nos que o importe da consellería do Mar sube un 3,4% e se blindan organismos tan importantes par ao sector como o INTECMAR, o CETMAR e Gardacostas.
O programa de infraestruturas pesqueiras aumenta a súa partida un 8% e tamén se fai unha aposta decisiva polo apoio na transformación e a comercialización, co fin de aumentar a competitividade do sector. A este fin destínanse axudas por valor de máis de 38 millóns de euros. Tamén aumenta a dotación para o desenvolvemento sostible das zonas de pesca, ligado aos GALP e á diversificación e complementación da socioeconomía costeira.
As 2 primeiras lonxa do Cantábrico, na Mariña
As lonxas da Mariña moven unhas 3.000 persoas entre todas as que interaccionan nelas, polo que as converte nun dos pulmóns económicos da comarca. Tal é así que Lugo desembarca case o 25% da pesca fresca de Galicia. Ten produción acuícola fundamental para ser líder no rodaballo e no linguado e ten unha cadea de transformación en conxelado que está dando exemplo con novos produtos, así como as dúas primeiras lonxas do Cantábrico.

















O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.



