Foz, 7 de novembro de 2019. O cociñeiro francés Samuel Ramos Giquel, que visita o IES de Foz desde este martes, elabora hoxe, xoves, no centro un menú típico da Bretaña. Durante a súa estancia de cinco días na Mariña o chef e propietario do restaurante Auberge Ty An Heol, en Pont Avent, está impartindo formación sobre cociña francesa ao alumnado e profesorado de Hostalería do IES focense e aproveita para coñecer a comarca, degustar a gastronomía típica da zona e visitar empresas relacionadas co sector, como a produtora de ostras Acueo, en Castropol, a explotación ribadense de agricultura ecolóxica Finca As Fadegas e a lonxa de Burela.
O menú bretón que o cociñeiro francés prepara hoxe no IES de Foz está composto polos seguintes pratos: velouté de mexillóns con verduras ao azafrán; solombo de porco con fricassée de mazá e cebola á sidra con puré de patacas; e tartaleta de trigo sarraceno con mazás ao caramelo e manteiga salgada.
Samuel Ramos ten formación tanto en cociña como en xestión de empresas hostaleiras e leva máis de vinte anos traballando no sector, tanto en sala como en cociña. É membro da Alliance Slowfood de cociñeiros en Francia, que promoven unha cociña local, ecolóxica e baseada na produción local. No seu restaurante os seus pratos adáptanse ás estacións e os seus produtos proveñen de produtores locais directamente.
A colaboración deste cociñeiro francés co IES de Foz xurdiu grazas ao programa Erasmus+, xa que no restaurante de Samuel Ramos realizou as súas prácticas durante tres meses un alumno de Cociña do centro focense, Ayoub Elkamel.























Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.



