Ribadeo, 12 de novembro de 2019. O arquivo municipal do Concello de Ribadeo alberga un importante patrimonio documental cuxos fondos, conservados dende o ano 1536, resultan imprescindibles á hora de investigar e coñecer a historia e a evolución da Mariña lucense. Tendo en conta a importancia dos mesmos, dende o Concello tomouse a decisión de sumarse á transformación tecnolóxica e dixitalizalos, un proceso que durante os últimos catro anos vense realizando a través de obradoiros de emprego nos que xa se dixitalizaron 294 libros de actas municipais (dende 1536 a 1945), 62 planos e 26 expedientes. Todo isto suma case 67.000 capturas, o que supón máis de 265.000 arquivos dixitais creados.
Seguindo con esta aposta pola modernización o Concello solicitou unha subvención, que se enmarca no programa operativo Feder Galicia 2014-2020, impulsada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e cofinanciada co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, co obxectivo de capturar dixitalmente unha parte do fondo histórico e xerar os metadatos para a súa descrición.A empresa encargada de realizar este traballo foi Unayta, consultora tecnolóxica de Santiago de Compostela especializada na implantación de proxectos de Oficina sen Papel.
A dixitalización dos documentos foi levada a cabo por persoal técnico especializado nesta tarefa que se desprazou ao Concello de Ribadeo entre os meses de xullo e outubro, e que dixitalizaron máis de 25.000 imaxes pertencentes a tres series documentais:
-Actas de sesións do pleno e comisións de goberno (dende 1945 a 1973).
-Catro libros de rexistro do Hospital de San Lázaro e San Sebastián (dende 1573 a 1773).
-Expedientes de Quintas.
Este traballo rematou a finais de outubro coa entrega dunha copia de preservación e dunha copia de difusión. Isto permitirá que toda a documentación xa dixitalizada sexa accesible tanto na páxina do Arquivo do Concello de Ribadeo como na Biblioteca Dixital de Galicia (Galiciana) facilitando a súa difusión e consulta por parte dos distintos investigadores, historiadores e, por suposto, dos veciños e veciñas do municipio.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



