Viveiro, 14 de novembro de 2019. O Concello de Viveiro promociona esta semana o seu potencial turístico e deportivo en Ourense, onde se celebran o Congreso Ibérico de Turismo Deportivo e a terceira edición do Salón do Deporte e Turismo Activo Sportur Galicia.
O concello conta cun stand propio en Expourense, “no que informamos dos atractivos de Viveiro para practicar deportes de natureza, sen esquencer por suposto o noso patrimonio paisaxístico, histórico ou a gastronomía”, afirma Marisol Rey, concelleira de Turismo de Viveiro.
“Nestes días temos pechadas reunións de traballo cos 16 touroperadores internacionais presentes en Ourense, queremos desestacionalizar a nosa oferta turística e o deporte é unha das mellores formas de facelo”, explica Rey.
Ademais de promocionar o concello, no stand de Viveiro hai tamén información da firma de actividades deportivas e de ocio RoqSport. “Invitamos a todas as empresas do sector a estar aquí”, engade a concelleira.
“Promocionamos un Viveiro saudable, cunha contorna natural única para practicar deportes ou albergar espectáculos como o deste fin de semana, o Ralli da Mariña”, afirma Marisol Rey, que mostra a súa satisfacción “polo interese de touroperadores e particulares polo noso concello”.
Sportur Galicia cunta cun centenar de participantes e un programa formado por máis de sesenta actividades, entre elas exhibicións, entrenamentos, campionatos e obradoiros.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



