Viveiro, 15 de novembro, 2019. Transcorridos 2 anos de traballo da actual Xunta Directiva do CCHV, no mes de outubro convocouse un proceso de presentación de candidaturas para dirixir a Asociación. Non se presentou ningunha polo que a actual Xunta Directiva, en aras de continuar co proxecto iniciado dous anos antes, tomou a decisión de reestruturar a súa composición, dando entrada a novos membros que se quixeron unir ó traballo que se está a realizar.
Na tarde de onte quedou constituída a nova Xunta Directiva que estará ó fronte da Asociación de comerciantes Centro Histórico de Viveiro durante os dous próximos anos. A composición da mesma será:
Presidenta, Mª Dolores Perez Santos (De Piti Deportes), Vicepresidenta, Mª Dolores Garcia-Salazar Martinez (De Dolotravel), Secretaria Mónica Irimia Villarmea (De Baühaus), Tesoureira Maria Ruth Adrio Monterroso (De Africa Copias) e Vogal Montserrat Navarro Fernandez (De Vermutería Sugar Rock).
Esta xunta está formada por xoves empresarias de distintos sectores, comercio, hostalaría e servizos. Os novos membros chegan con ilusión e ganas de traballar polo comercio e a hostalaría de Viveiro, sobre todo para dar continuidade á única asociación de comerciantes que existe no Centro de Viveiro.
Os seus obxectivos iniciais pasan por seguir ca boa labor que se viña realizando para tratar de dinamizar o sector comercial de Viveiro, e avogan polo mensaxe da unidade, só un comercio unido e comprometido poderá seguir sendo punteiro na comarca. Seguirán traballando por mellorar o atractivo comercial e o poder de atracción da zona, lanzando novas promocións e servizos tanto para clientes como para negocios asociados.
O seu primeiro cometido será unirse á campaña de Viveiro en Negro e posteriormente organizar a campaña de Nadal para o que se porán a traballar dende xa, e unha das súas prioridades será animar a todos aqueles negocios que non forman parte da Asociación a que o fagan, entendendo que todo o traballo deste colectivo a única forma de facelo é en conxunto.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



