Burela, 16 de novembro, 2019. O Alcorcón, que chegaba a Vista Alegre na cuarta praza, freou esta tarde a trayectoria de tres en tres do Pescados Rubén Burela FS (2-2), que pelexou sen descanso fronte a un rival que se dedicou a non deixar xogar e a aproveitar os seus erros. Ás mariñás custoulles entrar na correcta defensa en media pista das alfareiras, que se beneficiaron da efectividade das súas galegas, Nere Moldes e Vane Sotelo, para poñerse por diante na primeira parte e igualar a contenda na segunda. Estela mantivo ás visitantes no partido, facendo fronte ata ao xogo de cinco burelista na recta final.
Ambas as filas tentearon a rede rival sen demasiada énfase, pero aos poucos e cun Alcorcón apertando en defensa as laranxas estaban afinando en perigo. No catro, Peque intentouno cun balón alto que chegou frouxo ás mans de Estela, despois probou Jane, de novo con intervención da meta madrileña. Con todo, foi Nere Moldes a encargada de abrir a lata en Vista Alegre culminando unha rápida transición, tan só un minuto despois. Pelexaron e pelexaron as mariñás para igualar a contenda ante un Alcorcón sólido. Jane avisou por partida dobre e por fin subiu ao electrónico o 1-1, cunha contra iniciada por Peque, que cedeu cara atrás para sentenza de Ale de Paz. Serviu de revulsivo o tanto laranxa; as burelistas meteron unha marcha máis e Ale a punto estivo de anotar o segundo en menos dun minuto. Aínda que houbo que esperar ata o 15, cun rexeite cazado por Luci, tras tentativa de Peque nunha perda e posterior recuperación da 7 burelista. Luci e Cilene aínda dispuxeron de ocasións para ampliar a fenda antes do descanso.
O Alcorcón regresou enchufado. Ale de Paz freou ás visitantes nos primeiros segundos, pero o 2-2 non se fixo esperar; Vane Sotelo asinouno no 22, gañando a partida ás filas mariñás, nun roubo, e sorteando a Jozi, adiantada, con tentativa infrutuosa de Bea Mateos por frear o disparo. Insistiron ata a extenuación as Guerreiras, con gran protagonismo de Jane nos últimos metros. Con case tres minutos por diante, Bea Mateos liderou o xogo de cinco. Cilene e Jane a punto estiveron de anotar o terceiro a falta de 45 segundos e Dany freou a contra. Volveu tela Cilene pero fíxoselles demasiado tarde ás mariñás para apropiarse dos tres puntos.
Ficha técnica
Pescados Rubén Burela FS: Ana Romero, Peque, Jenny, Jane, Jenny Lores, cinco inicial; tamén xogaron Cilene, Dany, Bea Mateos, Ale de Paz, Lara Balseiro, Luci, Jozi
AD Alcorcón FSF: Estela, Ballesteros, Paula, Irene Samper, Vane Sotelo, cinco inicial; tamén xogaron Nere Moldes, Aída de Miguel, Carmen Alonso, Pipi
Goles: 0-1, minuto 5, Nere Moldes; 1-1, minuto 11, Ale de Paz; 2-1, minuto 15, Luci; 2-2, minuto 22, Vane Sotelo
Árbitros: Guntín Garrido // Corral Martínez. Por Burela amarela a Luci (minuto 18), Dany (minuto 39)
Incidencias: Partido correspondente á xornada 10 de Primeira División disputado no pavillón Vista Alegre de Burela, ante unhas 700 persoas.
























Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
