Cada día en cada telexornal , en cada diario ou plataforma de novas, fica máis claro a perda de valores como sociedade e mesmo como persoas. As novas das distintas manadas, do Chicle, dos abusos e da violencia machista sitúa ás claras que a nosa forma de convivir está quebrada. Que non se pode entender unha sociedade normal con este tipo de actuacións, está claro que se esta a fallar dende os poderes públicos e xurídicos. Onde nos sitúa como persoas permitir o que está a acontecer no relativo á violencia machista?
Ten moito de preocupante tamén o enfoque que algúns medios de comunicación dan a esta problemática, hoxe a calquera hora en calquera tipo de programa podemos ver o tratamento frívolo e sensacionalista de estas situacións. Excedendo o límite do dereito á información, onde calquera famoso de quenda é quen de opinar e xa vemos como opinan os toureiros, por exemplo. Este enfoque contribúe a normalizar o que non é normal e causa un efecto devastador nos mozos e mozas que ben estes programas sen filtro algún. A función reguladora da administración non existe e neste senso de pouco ou nada valen as campañas de sensibilización, con soportes e sistemas anticuados, que se pretenden dende os gobernos.
O 25 de novembro, na lembranza das irmáns Mirabal en representación de todas as vítimas, os políticos farán xestos e posicións, chamamentos e slogans pero na maioría dos casos pasando polo facilmente vendible e marketing sen afondar na realidade da cuestión e sen recoñecer que a administración está a fallar no control e mesmo na aplicacións dos valores dende a educación. Non lembran o 25 a tan respectada e defendida Constitución , que di que todos somos iguais, e non somos. Non somos mentres a sociedade non sexa igual a homes e mulleres, mentres os salarios non sexan iguais, mentres unha muller teña medo de ir soa á súa casa, mentres non se despidan ás mulleres por ser nais, mentres existan infrapersoas que usen a forza nas súas relacións, mentres existan manadas…
Cando os asistimos a un discurso presidencial do máis patriarcal en Galicia, algo segue a fallar. Non é ese o camiño da igualdade Señor Feijoo, non é do representación diferida para vender paternalismo, as mulleres teñen que ter voz propia, de feito téñena. O que un Presidente ten que garantir é a igualdade de oportunidades, non máis senón as mesmas, mentres iso non pase estamos fracasando como sociedade.
Piñeiro Docampo
Sº XERAL DE CxG
















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



