Burela, 27 de novembro de 2019. A axenda cultural para este fin de semana en Burela ofrece a actuación do grupo de teatro local O Torques e o Festival de Danza e Música Tradicional organizado por Ledicia. O venres 29 ás 21:00 horas na Casa da Cultura, O Torques porá en escena Cea de familia. O concelleiro de Cultura, José Díaz, aposta tamén pola creación dun grupo infantil de teatro. E o sábado 30 ás 19:00 horas celebrarase o Festival de Danza e Música Tradicional de Ledicia. O edil de Cultura fai unha chamada á participación nestes eventos da vindeira fin de semana.
José Díaz anunciou que “este fin de semana en Burela temos dous eventos, ambos gratuítos. O sábado 30, ás sete da tarde, a Sociedad Cultural Recreativa Ledicia organiza, unha vez máis, o Festival de Danza e Música Tradicional como xa ven facendo os últimos anos, con moita presenza de público. É unha asociación con moitos socios, con moita xente que colabora con eles, e que participa nas súas actividades que son moitas ao longo do ano, desde a feira do bonito pasando por colaboracións no Nadal, no Entroido e en moitas cousas do entramado cultural do pobo. Traballan moito e ben por facer actos na localidade e este sábado organizan este festival de danza ao que invitamos a todo Burela a acudir porque vai ser moi ameno con participación de nenos e adultos, moitísimas variedades de danza a música e pódese pasar unha tarde agradable”.
O concelleiro de Cultura engadiu que “o venres 29 temos ás nove da noite a actuación do grupo de teatro de aquí de Burela, O Torques, que segue traballando. Levábamos moitos anos sen grupo de teatro propio e por fin, desde o 2015, puido facerse O Torques, coa dirección de Juan Vilariño e coa participación de diferente xente que vai pasando por aí, algúns deles seguen estando no grupo de teatro. Nosoutros desde o Concello seguimos apoiando a este colectivo”.
Díaz dixo que “temos, tanto O Torques como o Concello, un obxectivo a nivel de cultura teatral que é organizar o primeiro grupo de teatro infantil en Burela. O sábado pasado tivemos aquí a actuación do grupo infantil A Adala, houbo moitísima xente vendo aos peques actuar, a verdade é que o fan moi ben, xa os felicitei e volvo facelo. Espero que poidamos en Burela tamén facelo, falaremos cos dous colexios a ver se hai xente que nos poida axudar desde dentro e poder facer un grupo de teatro. Temos o apoio de Juan Vilariño para todo isto, o meu persoal e tamén do Concello de Burela. A ver si se pode facer e animamos aos nenos e ás nenas a participar. É unha actividade que eu sempre digo que debería ter máis peso nos colexios, non é que todos os nenos que se apunten vaian ser actores ou actrices, senón por todo o que aprenden a falar en público, por exemplo, e a desenvolverse. Penso que ten unha parte didáctica importante e é a que, sobre todo, queremos fomentar”.
O edil burelés explicou que “a obra de O Torques se chama Cea de familia e ten unha temática que promete ser moi divertida. Trátase dun encontro de familia en torno a avoa que está preto da súa morte, e entón discuten pola herdanza e hai diferentes trifulcas en torno a un tema que é moi común, por desgraza, na vida real. Vai ser un fin de semana con dous eventos diferentes, un teatral e outro musical, para animar un pouco a actividade cultural en Burela”.
Ballet Nacional de Ucrania
Concerlírica Internacional ofrece un 25% de desconto nas entradas para a actuación de Virsky National Ensamble (Ballet Nacional de Ucrania), que terá lugar no pavillón Vista Alegre o 25 de decembro. Esta promoción é válida ata o vindeiro domingo, 1 de decembro. Calquera pode conseguir a súa entrada por só 9 euros máis gastos de xestión.






















Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".



