Burela, 29 de novembro, 2019. O gran envite entre a Selección Española de Fútbol Sala Feminino e Xapón do 11 de decembro en Burela terá brillo laranxa. As burelistas Peque, Jenny Lores e Ana Romero formarán parte da expedición da Vermella que se desprazará a Galicia; así deu a coñecer esta mañá a RFEF a convocatoria de Clàudia Pons.
As tres xogadoras do Pescados Rubén Burela FS gozarán da súa internacionalidade o mércores 11 ás 21.00 horas, arroupadas polo incondicional público da Mariña. Un día antes, o martes, disputarán o primeiro compromiso fronte ao combinado xaponés en Marín (A Raña).
As actuais campioas de Europa enfrontáronse á selección xaponesa en varias ocasións. A última vez que ambos os equipos se cruzaron na pista foi hai catro anos no Torneo Mundial de Guatemala. Aquel 25 de novembro de 2015, España conseguiu impoñerse ás asiáticas 5-2.
Venda anticipada. Todos os afeccionade@s poderán adquirir a súa entrada para o España-Xapón de Vista Alegre desde a próxima semana xa en venda anticipada.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
