A Mariña, 12 de decembro, 2019. A choiva non impediu que se congregaran en Compostela miles de docentes chegados de toda Galiza para lembrarlle á Xunta que a recuperación do horario lectivo previo á crise é unha cuestión
de dereitos laborais e de mellora da calidade do ensino. Ao remate da manifestación, representantes de todas as organizacións convocantes leron un manifesto no que se incidiu na devolución das 18 horas en secundaria e fp e nas 21 en primaria, educación infantil e educación especial. A CIG-Ensino anuncia que se a administración segue sen querer negociar esta cuestión continuarán coas mobilizacións até as últimas consecuencias.
“Mollámonos polo ensino público galego”, así finalizou a súa intervención o secretario nacional da CIG-Ensino, Suso Bermello, ao remate da manifestación celebrada esta mañá en Compostela na que participou profesorado do ensino público non universitario procedente de todo o país. A choiva non foi un impedimento para que o persoal docente da Consellaría de Educación berrara hoxe ben alto que abonda de recortes e que quere recuperar os dereitos que lle foron roubados coa escusa da crise, comezando polo horario lectivo de 18 períodos máximos semanais en secundaria, fp e
ensinanzas de réximes especial e 21 en infantil, primaria e educación especial. O incremento a 25 horas neste último caso aprobado polo goberno da Xunta en 2011 e a 20 horas en secundaria, decretado por Rajoy en 2012, significou a perda duns 1.200 postos de traballo, fundamentalmente neste último corpo, e implicou un aumento do número de alumnado por aula, do número de profesorado que ten que impartir materias das que non é especialista, chegando nestes momentos ás dúas terceiras partes de todo o colectivo, e as itinerancias entre centros. Neste último caso hai que lembrar que o profesorado especialista na atención á diversidade (das
especialidades de Audición e Linguaxe e Pedagoxía Terapéutica) é o que máis ten que compartir centros.
No manifesto que se leu ao final da mobilización fronte ás dependencias de San Caetano Suso Bermello lembrou que “o profesorado galego está canso de cargar con todos os recortes e que non renuncia a recuperar ningún dos dereitos roubados, que non son privilexios como quere trasladar a administración, senón que foron conquistados a base de presión social como a que estamos dispostos a seguir facendo até negociar un calendario de restitución dos mesmos”.
A volta ás 18 e ás 21 horas servirá para que a titoría en infantil e primaria poida atender mellor o alumnado, para volver facer desdobres, mellorar a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, cada vez máis numeroso nas aulas, coordinarse entre os distintos
departamentos co departamento de Orientación, realizar máis actividades extraescolares e participar en proxectos de renovación pedagóxica.Trátase polo tanto de traballar en mellores condicións. O principal beneficiado desta recuperación será o alumnado e a calidade do ensino público galego, o auténtico garante da equidade social, xa que o profesorado seguirá tendo as
mesmas horas de xornada laboral semanal simplemente que distribuídas doutro xeito. No caso de secundaria sempre se impartiron 18 horas semanais até o recorte de 2012 e no caso de primaria as 21 foron froito dun acordo entre o goberno galego e os sindicatos no ano 2007 co obxectivo de reducir as diferenzas de condicións laborais entre os dous corpos.
Seguimento do 60% da folga
Segundo datos recabados polos sindicatos con chamadas directas aos centros educativos desde primeira hora da mañá, o profesorado secundou maioritariamente esta folga cun seguimento que rolda o 60% e nalgúns casos con todo o claustro ausente.






















As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



