Foz, 16 de decembro de 2019. O Concello de Foz celebra cun acto os 40 anos de corporacións municipais democráticas. Será este domingo, día 22, ás doce do mediodía na Sala Bahía e están convidados a participar os alcaldes e concelleiros que formaron parte da corporación focense durante estas catro décadas e familiares dos que xa faleceron. Foi presentado polo alcalde, Fran Cajoto, e o concelleiro de Relacións Institucionais, Carlos García.
O rexedor municipal focense explica que é “un acto importante e que cremos que vai ser emotivo para conmemorar 40 anos desde aquel 1979, cando se celebraron as primeiras eleccións municipais democráticas, despois dunha ditadura longa e penosa. Queremos homenaxear a todos eses concelleiros e alcaldes que traballaron polo seu pobo gastando do seu tempo de lecer e da familia, ás veces de forma ingrata ou non recoñecida, para buscar o ben dos seus veciños. Non está de máis nunca recordar e agradecer e poñer en valor a todas esas persoas porque é complicado ser concelleiro e representar aos teus veciños, e máis nun pobo de tamaño mediano, como é Foz, e ao final queda o traballo feito, quedan as obras e tamén ese agradecemento común. E queremos que sexa unha festa para todos, entón este domingo esperamos que se achegue moita xente e que sexa un acto para lembrar e para ter outros 40 anos máis de avance en Foz”.
E Carlos García destaca que este domingo “será unha xornada histórica para Foz pola emotividade que ten celebrar 40 anos de corporacións municipais democráticas, da nosa institución, do marco de convivencia municipal por excelencia e no que tantas persoas exerceron funcións de representación. Ás doce da mañá na Sala Bahía celebraremos esta homenaxe cos catro alcaldes vivos que temos dende a democracia (Martín Beltrán, José MaríaGarcía Rivera, Javier JorgeCastiñeira e FranciscoCajoto). Tamén teremos a preto dun centenar de concelleiros e ás familias dos que lamentablemente xa non están con nós. Eles recibirán o cariño e o calor de todo o pobo de Foz polo tempo que cederon aos seus seres queridos en pos da prosperidade do noso municipio”.
O edil de Relacións Institucionais engade que “o acto constará dunha presentación e dunha nota histórica, tamén teremos música en directo e un recordo para todos os concelleiros. Este acto entronca perfectamente coa senda do horizonte 2030 que vimos de adoptar por unanimidade de todos os grupos políticos do pleno do Concello de Foz, o que demostra unha altura de miras moi necesaria para estes tempos.Concretamente co obxectivo 16 da Axenda 2030 que avoga por unhas institucións públicas eficaces e que poidan proporcionar unha educación e unha sanidade de calidade, aplicar políticas económicas xustas e blindar unha protección inclusiva do medio ambiente”.
Carlos García rematou dando as grazas “aos concelleiros e a todos os funcionarios involucrados na organización deste acto, que elaboraron un censo completísimo de todos os cargos, un traballo excepcional. Agora só nos queda encontrarnos este domingo día 22, desfrutar e celebrar o aniversario deste marco de convivencia de paz e continuar na procura de solucións e iniciativas para un futuro máis próspero para todo o pobo de Foz”.



















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.