Viveiro, 18 de decembro, 2019. O Polígono de Landrove parece estar condenado a sufrir os problemas das comunicacións. De todos é coñecido o seu problema de acceso a nivel de estradas; pero pouco se fala do seu problema comunicativo a nivel dixital. Esta zona, como o resto do rural de Viveiro, teñen unha carencia importante no acceso a internet cuns niveis adecuados de velocidade.
Dotar estas zonas de banda ancha de alta velocidade axudaría ás empresas e autónomos a desenrolarse a nivel competitivo, mellorando a economía e o emprego do concello, evitando a despoboación do noso rural e a emigración.
Desta necesidade e dos seus beneficios da conta a Unión Europea, cando no 2010 estabeleceu que no 2020 xa debe existir unha banda ancha de máis de 30 Mbps en todos os rincóns dos seus estados membros; e tamén cando o pasado 10 de decembro aprobaba unha axuda pública de 400 millóns de euros para levar a banda ancha de alta velocidade ás zonas rurais do estado español, a executar entre o 2020 e o 2022.
Antes do 1 de xaneiro do 2020, as grandes operadoras están obrigadas a proporcionar unha cobertura que permita o acceso á velocidade de 30 Mbps ou superior ao 90% dos habitantes nos municipios rurais.
É por todo isto que o BNG preguntará ao equipo de goberno no próximo pleno:
O equipo de goberno fixo algún estudo ou recompilou algunha información sobre as zonas de Viveiro con necesidade de acceso a internet con banda ancha rápida?
Ten algunha información sobre a previsión da instalación de fibra óptica no Polígono de Landrove?
Que tipo de actuacións está a realizar o equipo de goberno para solucionar esta problemática?





















Actuarán Carlos Ares, Celia Becks, Futuro Alcalde e Alcalá Norte, e o sábado será a quenda de La M.O.D.A., Ángel Stanich, Puño Dragón e Repion. López destacou o impacto económico do festival, cun retorno estimado dun millón de euros, mentres que Rouco subliñou a súa importancia turística e a achega municipal de 120.000 €.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



