Santiago, 20 de decembro, 2019. A parlamentaria do BNG, Montse Prado criticou hoxe o triunfalismo das cotas de pesca negociadas pola Consellería de Mar que cualificou dunha escenificación de “reparto mediático” e pediu á directora xeral de Pesca e a propia conselleira, Rosa Quintana “cambiar a propaganda do ben que se negocia, por un reparto xusto de TACs e cotas” para a flota galega.
A deputada lembrou que no último pleno do Parlamento, Quintana criticou a proposta da Comisión europea e anunciou que o goberno galego traballaría para mellorala. Finalmente, recalcou Prado, constatamos que o recorte supón o mantemento de cotas para un importante número de especies, baixan 17 e soben para 10, sen embargo “o incremento prodúcese en cotas de escaso valor”.
Dende o BNG, dixo, non podemos facer un balance positivo e despois das fotos, sorrisos e apertas”, atopámonos coa realidade: as cotas de Galiza a respecto doutros países non saen beneficiadas. A frota galega debe conformarse cun aumento do 41% de xarda, 4.000 quilos, que na nosa opinión e na do sector resulta unha cantidade “de miseria”. A pescada redúcese o 25%, trinta millóns de euros menos, o linguado baixa 45.000quilos, 800.000 euros menos e a cigala por cuarto ano pechada. O xurelo respecto ao ano 2019 perde un 16% porque sobe no Sur e baixa no Norte “As especies de gran valor non melloran as súas capturas”, reiterou a deputada.
Tras a resposta da directora xeral de Pesca, Mercedes Rodríguez, a parlamentaria do BNG insistiu en que a negociación do reparto das cotas foi “máis mediático que xusto para a frota pesqueira galega”.
Prado volveu a pedir a Mar que deixe de enganar ao sector e recoñezan que o reparto das cotas “non é satisfactorio”. Por outro lado, remarcou que o BNG discrepa dun modelo baseado nos intereses dos estados e non das realidades das comunidades pesqueiras e costeiras. Si primaran os criterios científicos e non os económicos, dixo “non tería sentido rebaixar as capturas da pescada xa que todos os estudos confirman a recuperación da especie”.
O BNG pide investir en Porto do Son e non discriminar o peirao fronte a outros portos menores
Por outra parte, na mesma comisión de pesca, a deputada do BNG tamén preguntou pola autorización da Direccións xeral de Pesca para descargar especies peláxicas de barcos do cerco, a pesar de que “o peirao do Porto do non esta habilitado para tal fin”.
A directora xeral de Pesca respondeu a deputada que o porto está preparado para o desembarque das especies do cerco sen embargo, explicou Prado, o porto non conta con “máquina de xeo nin están cubertas outras necesidades”.
Vostede, preguntou a nacionalista, considera que con cartos públicos poden “deixar esmorecer un dos portos máis importantes da flota do cerco en Galiza” mentres outros portos contan con actuacións “inxustificables” e mesmo sen as licencias necesarias.
Dende o BNG, afirmou, consideramos que hai que actuar con “racionalidade” e iso significa non ter dous portos a unha distancia de cinco quilómetros para as mesmas funcións.
A deputada pediu á directora xeral de Pesca que atenda as demandas do sector maioritario e non siga “beneficiando a catro barcos fronte a 29” que realizan a descarga en Porto do Son.




















A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Estiveron organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofreceron tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.



