Foz, 7 de xaneiro de 2020. O vindeiro 15 de xaneiro terá lugar a entrega dos premios aos gañadores dos Concursos de Escaparates e Nadal no Fogar, que convocou o Centro Comercial Aberto de Foz.
Un xurado profesional elixiu como os mellores escaparates do Nadal, que acaba de rematar, os de Viajes Rodríguez e Electricidad Núñez.
E no facebook houbo empate a 299 votos. Dous negocios reuniron o mesmo número de me gustas. Foron: Chuvia e Vas’s Outlet.
O Concurso de Escaparates desenvolveuse do 16 de decembro ao 6 de xaneiro. O CCA estableceu varios premios, consistentes en diplomas e obsequios. Uns para os escaparates que recibiron máis apoios en facebook e outros para os elixidos polo xurado profesional que avaliou as diferentes decoracións presentadas ao certame.
E a imaxe gañadora do Concurso de Nadal no Fogar foi a publicada nas redes como Navidad 1. Desde o CCA lembraron que “para decorar os fogares os participantes puideron empregar todo tipo de materiais e detalles. Pero algún deles tivo que se adquirido nos establecementos asociados a Acia/CCA. As persoas que se inscribiron no concurso detallaron en qué tenda fixeron esas compras decorativas”. O gañador do Concurso Nadal no Fogar recibirá 100 euros en vales de compra para gastar nos comercios asociados ao CCA de Foz.
Desde o Centro Comercial Aberto agradecen a participación en ambos concursos e aproveitan para desexar un Feliz Aninovo a clientes e asociad@s.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



