Viveiro, 9 de xaneiro, 2020. A multideportista Vivariense Yolanda Rodriguez Fidalgo do club de Tiro San Froilán, pecha un magnífico ano como número un da clasificación nacional Sub23 de Tiro Olímpico na modalidade de Pistola de Precisión con branco a dez metros, trala publicación que realizaba estes dias a Federación Española de Tiro Olímpico e obtén o numero tres da Clasificación no Junior-Promesas.
Yolanda Rodriguez combina o deporte de alto rendemento, cos seus estudos na Universidade de Vigo onde cursa terceiro de grao en Dirección e Xestión Pública, e polo cal un acordo previo co Club de Tiro San Froilan co Cernadiñas Novas de Pontevedra, a deportista Mariñá pode adestrar nas instalacións que devandito club posúe na Cidade do Lérez.
Rodriguez gañou no ano que terminou a copa Princesa de Asturias Individual, ouro no Internacional Individual Comunidade de Cantabria, ouro de Equipo en copa Federacións, ouro Copa do Rei, Ouro Copa Presidente e Ouro na Copa da Raíña coa Selección Galega, venceu tamén co ouro no Interclubes Individual e prata Individual no Torneo Internacional de San Froilan e é a Actual Campioa Galega Sub 23 en Pistola de Precisión. No Campionato de España Elite-Absoluto de Equipos mixtos foi quinta formando Equipo con Julio Rivas e Flores entre outros.
A deportista comeza a nova tempada con novas ilusións onde competirá en categoria Sub 23 e Damas Elite Absoluta, tamén comezará en breve con Lume Central para o que obtivo licenza o pasado ano despois de ser nº un do exame realizado pola Garda Civil en Pontevedra.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
