Mondoñedo 11 de xaneiro de 2020. O Concello de Mondoñedo arranca a 2ª edición da guía na que se presenta como municipio para investir. Así o indica a alcadesa, Elena Candia, quen valora positivamente esta iniciativa que recolle unha liña de axudas xa en vigor e xurde cun obxectivo claro, o de atraer investimento e crear postos de traballo no municipio.
O novo documento ponse en marcha unha vez que se acadaron os obxectivos da primeira edición. Proba delo, é que parte dos edificios que se identificaron como ociosos (naves de San Lázaro, antigo sanatario de Cabanela ou as casas indianas) xa teñen nestes momentos un proxecto en marcha.
A nova edición constitúe un dos principais instrumentos da entidade local contra a perda de poboación e enmárcase na liña do plan estratéxico de subvencións aprobado. Asemade, dá continuidade á primeira que incluso fora presentada en cidades como como Madrid ou Barcelona, e impulsada dende o Concello para poñer en valor e dar a coñecer todos os recursos que ten Mondoñedo e captar dese xeito a inversión na nosa localidade.
Contido da guía
Esta guía recolle unha pormenorizada relación dos recursos do municipio e as posibilidades empresariais que ofrece. Tal é así, e como se pode ver no documento que se adxunta, recolle aspectos como a situación xeográfica e do contorno, a calidade de vida, a conectividade do municipio, o importante patrimonio histórico-artístico e turístico que posúe, así como os recursos naturais dos que dispón.
En materia económica, recolle as distintas actividades produtivas, o potencial forestal, a dispoñibilidade de chan industrial e os espazos para emprendedores que Mondoñedo ten nestes momentos, as características do parque empresarial, instalacións industriais e inmobles ociosos, ademais dos incentivos públicos que pon a disposición a entidade local e outras oportunidades que xa implantou como a fibra óptica coa velocidade máis rápida de España, ou as oportunidades relacionadas co potencial forestal, pizarreiro, eólico, agroalimentario, inmobiliario, turístico e os novos nichos de emprego vinculados á economía verde e ao rural.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



