A democracia liberal é un réxime de Dereito garantista que prefire, no mal paso de ter que escoller, a impunidade dos culpábeis ao castigo dos inocentes. A democracia liberal entendida ao xeito dos sistemas xurídicos da Europa refuga da pena de morte e da prisión perpetua . E considera que a pena, nomeadamente a da máis extrema restrición de liberdades-a prisión- ha cumprir, canda evidentes finalidades preventivas (tanto a respecto do penado canto a respecto da sociedade en xeral) unhas fins basicamente reinsertadoras e resocializadoras.
Todo isto está nos artigos 24 e 25 da Constitución. Neste contexto, Estados europeos con problemas complexos de convivencia e níveis de criminalidade moito máis altos ca os do Estado Español-como os Países Baixos- encetaron un cobizoso programa de redución das estadías no cárcere, considerando que a aplicación xeralizada das condenas de privación de liberdade non axudan nin á reinserción dos delincuentes nin á prevención dos crimes.
Mais existe unha falsa cosmovisión que denuncia unha suposta lenidade do sistema penitenciario español, sendo como é un dos máis rigorosos da UE, malia ser dos espazos europeos con menos delictos graves. Existe unha liña interpretativa na Fiscalía, algúns Xulgados de Vixiancia Penitenciaria e Audiencias que resolven as súas decisións en apelación,- que nega o dereito dos penados a desfrutar de permisos malia cumprir boa conduta (na estreitísima consideración deste concepto para a Administración Penitenciaria) e 1/4 da pena. Tamén aquí, na Galicia. Mesmo en casos nos que a Equipa de Tratamento Penitenciario do Centro propón o permiso por unanimidade.
O réxime penitenciario español é, tamén, rigorosísimo na progresión ao terceiro grao (semiliberdade) e ao coarto grao ou liberdade condicional (como mínimo ¾ de pena cumprida). E adoita descoñecer o dereito dos penados a cumprir cadansúas penas perto da súa contorna familiar e afectiva. Porque a pena ha restrinxir a liberdade de movementos, nunca os outros dereitos fundamentais dos penados. E moito menos os dereitos das súas familias, parellas e amizades.
A vulneración das persoas presas é xeralizada. Quer a medio do espallamento e illamento fóra de Galicia de penados e preventivos galegos, situacións de illamento que empeoran o réxime pechado en primeiro grao, e limitación dos coidados sanitarios, quer a medio da restrición dos permisos e progresións de grao que aconsellan as regras da reinserción e do tratamento penitenciario.
Na nosa democracia non se pode pechar unha persoa e guindar a chave ao pozo.

















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



