Lugo, 6 de febreiro de 2020. O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, anunciou este xoves que a institución impulsa a proxección internacional da provincia colaborando economicamente coa produción da segunda tempada de O Sabor das Margaridas, a primeira serie galega incorporada á plataforma audiovisual Netflix.
Tomé Roca, xunto ao Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, recibiu este xoves en San Marcos a unha ampla representación do equipo de creación e rodaxe desta ficción galega de éxito mundial, que foi traducida a máis de 30 idiomas e que na súa segunda tempada ten a provincia de Lugo como protagonista, pois ten como escenario paraxes lucenses como a Ribeira Sacra, o Pazo de Adai, no Corgo, ou a capital lucense.
O Presidente subliñou deste xeito que colaborar con O Sabor das Margaridas, da produtora galega CTV, supón unha gran oportunidade para a proxección internacional da riqueza paisaxística e cultural da provincia. “É un xeito moi efectivo de dar a coñecer a nosa terra, de incentivar o turismo, de chegar aos demais. Estou convencido de que ingleses e irlandeses, que situaron O Sabor das Margaridas como unha das súas series favoritas en Netflix, terán grazas a esta ficción máis motivos para querer coñecer a provincia de Lugo e para vir a visitarnos”, asegurou José Tomé.
O equipo da serie que participou na recepción e na rolda de prensa aos medios estivo formado por Ghaleb Jaber Martínez, produtor executivo, creador e guionista; Concha Fontenla, directora de produción; Eligio Montero e Raquel Arias, guionistas; Antonio Pereira, director de arte; Santi Prego e David Seijo, actores; e Ana Ferreirós, responsable de relacións institucionais.
O Presidente puxo en valor o apoio da Deputación á industria audiovisual lucense e galega, materializado en colaboracións nos últimos dez anos cunha vintena de películas, series, documentais e curtas, porque “apoiar ao audiovisual é crear industria, emprego, fomentar a cultura, a nosa lingua e tamén impulsar o turismo”.
Pola súa banda, o produtor executivo de O Sabor das Margaridas agradeceu á Deputación “a aposta polo audiovisual como medio de visibilizar unha terra”. “Estades facendo un bo traballo ao servir de lanzadeira para o audiovisual galego. O audiovisual galego, feito en galego, é importante para a nosa terra, porque fomenta unha industria económica, lingüística e cultural”, dixo Ghaleb Jaber.
A nova tempada deste proxecto audiovisual contén seis episodios de 70 minutos con escenas rodadas en varias localizacións da provincia de Lugo como son o Miradoiro do Duque na Ribeira Sacra ou o Pazo de Adai do Corgo, entre outras. Este thriller policial e de misterio, rodado en Galicia, situouse no top 10 da popularidade oficial de Netflix ao converterse na sétima serie de fala non inglesa máis vista no Reino Unido e Irlanda desta plataforma xigante do streaming.
Unha vez finalizada a rodaxe, agora está en marcha o proceso de montaxe. Esta ficción galega ambientada nunha vila do interior de Galicia, está producida pola produtora audiovisual galega CTV. O reparto está formado por María Mera, Santi Prego, Noelia Castaño, Rebeca Stones, Sara Sanz e David Seijo. O Sabor das margaridas recibiu o premio á Mellor Serie de Televisión nos XVII Premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual. Esta produción tamén cumpriu o fito de ser a primeira serie en galego incluída no catálogo de Netflix.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



