RIBADEO (FNC) .-. Ribadeo acollerá os días 23 e 24 de abril as III xornadas formativas Abordaxe integral da violencia de xénero desde o ámbito local, que foron presentadas esta tarde no Concello pola edil de Muller, Mariluz Álvarez Lastra, e pola directora do CIM, Luisa González.
A concelleira nacionalista sinalou que “levamos tres anos consecutivos facendo estas xornadas porque nos parece fundamental que os especialistas traten ou teñan a oportunidade de intercambiar imprensións sobre esta problemática. O curso é aberto para todo o mundo porque a violencia de xénero nos afecta a toda a sociedade, ainda que está dirixido básicamente a profesionais que traballan coas vítimas de violencia de xénero desde os servizos sociais, técnicas/os de igualdade, abogados/as, educadores/as familiares, profesorado, axentes das forzas e corpos de seguridade do Estado ou persoal sanitario, entre outros”.
Álvarez Lastra manifestou que “hai unha parte moi formativa, pero quixemos tamén este ano incluir un componente máis didáctico polo que poderemos ver unha representación teatral, sempre relacionada con este tema e tamén a proxección da curta gañadora do concurso de guións cinematográficos que fixemos nos centros de ensino A princesa que quería ser muller e a unidade didáctica feita para traballar con ela. Ademáis os alumnos do colexio Sagrado Corazón presentarán Once miradas con música, un traballo ainda inédito que se enmarca dentro do concurso A mocidade a debate”.
A edil de Muller tamén explicou que “estas xornadas incidirán moito no aspecto educativo, qué podemos facer desde os centros de ensino para previr ou para traballar con aqueles menores que no seu entorno sofren algún tipo de violencia de xénero”.
As xornadas darán comezo o día 23 de abril ás 16:00 horas co acto de inauguración e a continuación haberá unha mesa redonda na que se abordarán aspectos como a violencia de xénero e a discapacidade física e intelectual, a violencia de xénero e a enfermidade mental e violencia de xénero e inmigración. Luisa González suliñou que “se está a extender o falso mito de que as mulleres maltratadas son sobre todo as inmigrantes e eso non é así porque a porcentaxe de inmigrantes maltratadas non é superior á do Estado español. Tamén falaremos esa tarde do tratamento desta problemática por parte dos medios de comunicación, onde moitas veces a muller aparece como culpable ou cunha doble vitimización que é o que se pretende eliminar”.
Xa o sábado 24 de abril haberá varios relatorios nos que analizarán cuestións coma: prever a violencia de xénero desde unhas perspectiva educativa integral; mediación familiar; as nenas e os nenos, vítimas de violencia de xénero; resistencias e dificultades na aplicación da lei integral e actuacións e problemáticas dos diferentes servizos no eido local.
O prazo de matrícula para participar neste curso queda aberto desde hoxe ata o 22 de abril, o prezo será de 15 euros para a matrícula xeral e de 10 euros para parados e estudantes. Os interesados poden inscribirse no Centro de Información ás Mulleres de Ribadeo, a través do teléfono 982 120 739 ou vía e-mail na seguinte dirección: cim@ribadeo.org
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



