Lugo, a 6 de febreiro de 2020. O PP iniciará maña, venres, día 7, as xornadas O Reto Demográfico: Máis Rural, Máis Lugo, que, a razón dunha ao mes, se prolongarán ata xuño. Mañá, a conselleira de Política Social, Fabiola García Martínez, será a encargada de abrir este ciclo de conferencias. Neste caso, celebrarase ás 19.30 horas, na Casa da Cultura de Outeiro de Rei. A conselleira baixo o título Facer de Galicia o mellor lugar para formar unha familia abordará distintos aspectos da Lei de Impulso Demográfico de Galicia.
O Partido Popular de Lugo considera que o reto demográfico é unha cuestión de Estado, no que teñen que implicarse, ademais da Administración xeral do Estado, as administracións locais e autonómicas. Os populares destacan que afrontar este reto esixe tanto implicación política como social. Como unha aportación ao esforzo por comprender mellor o problema e buscar solucións, xorden estas xornadas en cuxo título se reflexa o convencemento de que canto máis se coide, impulse e dote á zona rural, máis mellorará a provincia no seu conxunto. A iniciativa dos populares segue as conclusións do informe presentado en abril do 2019 pola Comisión Especial Sobre la Evolución Demográfica en España -creada por acordo do Senado, o 30 de novembro de 2016. Este documento destaca, entre outras cousas, que para afrontar con éxito o reto demográfico resultan esenciais medidas de apoio ás familias, afrontar a realidade do envellecemento e impulsar as infraestruturas e o emprendemento.
A estas alturas, despois de que o PSOE leve ao fronte da Deputación de Lugo desde 2007, queda claro o fracaso das políticas socialistas. Non só non lograron reverter a tendencia a despoboamento dalgunhas zonas, senón que se agravou.
O PP tomou a iniciativa neste asunto, como noutros moitos, xa hai moito tempo. Foi un fito a aprobación polo Parlamento galego, en abril de 2013, do primeiro Plan de Dinamización Demográfica de Galicia 2013-2016, horizonte 2020, que situou a cuestión demográfica entre as máximas prioridades do Goberno autonómico. No ámbito autonómico, a Lei de Impulso Demográfico de Galicia marcará un antes e un despois na abordaxe do problema. Pero é precisa a implicación de toda a sociedade. Por iso, os populares saúdan e dan a benvida á incorporación dos colectivos veciñais, vinculados á Federación Provincial de Asociacións na súa anunciada campaña sobre o problema do despoboamento á que denomina Galicia baleira, e que, ao parecer, inicia intentando buscar compromisos institucionais. No caso da Xunta de Galicia o compromiso está sobradamente demostrado coas medidas xa adoptadas e as que serán adoptadas no futuro.
Hai que recordar que a Xunta ten entre os seus eixos prioritarios reverter a actual situación, por iso é a primeira comunidade autónoma que eleva a rango de lei esta cuestión coa Lei de Impulso Demográfico. O seu interese e preocupación pola cuestión demográfica queda claro no aumento de recursos a disposición das familias para axudalas tanto na crianza dos seus fillos como á hora de conciliar. Igualmente, queda de manifesto no traballo para traer nova poboación, obxectivo que se está a conseguir, posto que no ano 2018 Galicia gañou máis de 13.000 habitantes grazas á inmigración.
En Galicia adoptáronse medidas concretas e históricas. Por exemplo que a partir do 1 de abril os segundos fillos e sucesivos terán unha praza de escola infantil gratuíta; incremento das medidas de conciliación no rural coas Casas Niño e as Casas do Maior. É un feito que hoxe temos máis prazas públicas que nunca en escolas infantís: 25.000.
O reto demográfico é unha cuestión de Estado. Por iso, a Xunta, consciente do problema que supón o descenso de nacementos, sigue demandando unha estratexia nacional. Pero a Xunta de Galicia non vai quedar á espera de que o Goberno central se decida a poñer en marcha unha estratexia nacional fronte o reto demográfico; o Goberno galego fai e fará todo o posible para reverter esta situación. En Lugo, o PP recollerá as aportacións de destacados especialistas na busca de solucións, porque está convencido de que Lugo, como se di no título das xornadas Máis Rural é Máis Lugo.






















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



