Lugo, a 14 de febreiro de 2020. A Deputación de Lugo, gobernada polos socialistas, necesitou máis de tres anos e medio para adoptar as medidas precisas para cumprir o acordo adoptado no pleno de xullo de 2016, por iniciativa do PP, para facilitar a adquisición de desfibriladores polos concellos lucenses de menos de 20.000 habitantes. De pouco serviu que o PP recordase en diversas ocasións ao goberno provincial que tiña sen executar o citado acordo. Na reunión celebrada esta mañá pola xunta de goberno da Deputación aprobouse, por fin, o programa Lugo Provincia Cardiosaudable, e o convenio de cooperación cos concellos adheridos.
O grupo provincial do PP, do que é portavoz Elena Candia, considera que este asunto deixa claramente de manifesto como entenden os socialistas a eficacia na xestión. Necesitaron case catro anos para poñer en práctica un acordo plenario que pode salvar vidas nos municipios da provincia de Lugo. O actual presidente, José Tomé, necesitou desde que se constituíu a corporación, en xuño do 2019, para sacar adiante este acordo.
Os populares consideran que, de novo, quedan claros dous aspectos da xestión de Tomé ao fronte da Deputación. Por un lado que segue vivindo de rendas, de acordos pasados. Por outra parte, demóstrase unha vez máis que carece de proxecto propio e que da súa chegada á presidencia provincial o único que lle interesaba realmente era ocupar o sillón, pero non a defensa e xestións dos intereses provinciais.
O PP conseguiu, coa moción aprobada no pleno do 26 de xullo de 2016, que a Deputación asumise o compromiso de elaborar «un plan de cooperación cos concellos para axudar aos municipios de menos de vinte mil habitantes na adquisición de desfibriladores para a súa instalación nos espazos de maior afluencia de veciñas e veciños, conseguindo Lugo a condición de provincia cardiosaudable». Igualmente, o organismo provincial quedou obrigada a «incluír en dito plan que a axuda da Deputación consista no 100% do prezo do desfibrilador, procurando a formación específica para o seu correcto manexo por persoal capacitado».
Os deputados populares criticaron en diversas ocasións o retraso na execución da moción aprobada en xullo de 2016. Fixéronno, entre outros momentos, en febreiro de 2018 e tamén nunha intervención da portavoz do PP nun debate plenario o 26 de marzo de 2019. Por fin, agora, a xunta de goberno adopta unha decisión para executar as propostas do PP aprobadas en 2016.

















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



